rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Programación

Hai un lugar é un proxecto expositivo que combina pezas a medio camiño entre a escultura e a instalación, que se artellan arredor da idea dun aparente triunfo do mal sobre o ben, pero no que aínda se pode albiscar algún raio de esperanza.
Mariana Gomes defende a pintura como unha busca inquieta, intensa, na que asoman o xogo, a transgresión, o happening, o festivo e o carnavalesco, a máscara, a paixón e o humor, nun empeño de estar no fío, abrindo novos camiños.
Francisco Mendes Moreira pinta sobre cartóns atopados, sobre manteis, teas e edredóns; realiza obxectos en papel maché, dialoga cos espazos. Parte do próximo e mestúrao con referencias a unha cultura ampla e diversa.
Coincidindo coa exposición Hai un lugar, de Alberto Ardid (Vigo, 1986), o Museo de Arte Contemporánea deVigo reúne obras de tres artistas cos que ten puntos de unión, aínda que pertenzan a unha xeración anterior. Entre elas, un vídeo da Colección MARCO, Víctima serial (2001), de Jorge Macchi.