Martin Creed. Obras
Ficha
PRESENTACIÓN
O artista británico MARTIN CREED (Wakefield, Reino Unido, 1968) presenta un proxecto que se enmarca no formato de novas producións realizadas especificamente para o MARCO, e que supón a súa primeira exposición individual en España. Recoñecido como un dos artistas máis interesantes da súa xeración, e gañador do Turner Prize en 2001, combina a súa faceta de artista co seu grupo de música, formado en 1994.
OBRAS EN EXPOSICIÓN
Toda a planta baixa do MARCO está ocupada por unha soa obra, que inunda e á vez baleira o espazo expositivo. Work No. 247 Half the air in a given space [A metade do aire nun espazo dado], 2000, consiste en materializar a metade do aire contido nun espazo por medio de globos, modificando por completo a percepción do contorno. A exposición complétase cun conxunto de obras relacionadas coa música e o son, nunha das salas do primeiro andar.
Actuación ‘Martin Creed and his band’
O venres 6 de maio, ás 21.00, durante a xornada inaugural, terá lugar a actuación de 'Martin Creed and his band' no salón de actos.
COLABORACIÓN AAM
Para a produción desta exposición contouse coa inestimable colaboración dun grupo de membros da Agrupación de Amigos do MARCO.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Programación Didáctica
‘A METADE DO AIRE’
Do 11 de maio ao 3 de xuño 2011
Visitas e obradoiros para escolares e familias en torno á exposición de MARTIN CREED
INFORMACIÓN E VISITAS
O persoal de salas está a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:
- Todos os días ás 18.00
- Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900
NORMAS E INDICACIÓNS DE SEGURIDADE PARA VISITANTES
Anímase ao público a circular libremente entre os globos por todos os espazos da planta baixa, sempre tendo en conta unha serie de indicacións e normas de seguridade, que estarán a disposición dos visitantes na taquilla do MARCO e no acceso ás salas da planta baixa.
AIRE, GLOBOS E SENSACIÓNS
Síntese do proxecto
Coa exposición ‘MARTIN CREED. Obras’, comisariada por Carolina Grau, o MARCO dá un paso máis na liña de proxectos individuais de produción propia, concibidos especificamente para as salas do Museo. Esta mostra supón a primeira presentación individual do traballo deste artista en España, grazas á colaboración entre dúas institucións: o MARCO de Vigo —‘MARTIN CREED. Obras’ (maio - setembro 2011)— e a Sala Alcalá 31 da Comunidad de Madrid —‘MARTIN CREED. Cosas’ (decembro 2011 - febreiro 2012).
Recoñecido como un dos artistas máis interesantes da súa xeración, e gañador do Turner Prize en 2001, Martin Creed combina a súa faceta de artista co seu grupo de música, formado en 1994. Creed está constantemente investigando sobre a natureza básica das cousas, eliminando o accesorio na súa busca do esencial, e creando un mundo de clasificacións, categorías e excepcións inesperadas a través de obxectos, palabras e sons cotiáns.
Na súa proposta para o MARCO, Creed vai un paso máis alá na súa análise sobre a percepción e sobre a experiencia física, xogando coa nosa relación co contorno. Toda a planta baixa está ocupada por unha das súas intervencións, que inunda e á vez baleira o espazo expositivo. Work No. 247 Half the air in a given space [A metade do aire nun espazo dado], 2000, consiste en materializar a metade do aire contido nun espazo por medio dun obxecto cotián. Os globos, elementos lúdicos e festivos da infancia, convértense en colectores de aire, facendo tanxible e visible algo efémero e inmaterial.
Creada por primeira vez en 1998, esta peza adquire nas salas do MARCO unha magnitude completamente descoñecida ata agora, pola súa monumentalidade e polas dimensións das salas: a metade do espazo —un total de 6.863 m3 de aire distribuídos en tres patios, tres galerías, e a rotonda central— aparece cuberto por un mar de globos de cor azul celeste, que alteran por completo a nosa experiencia física e a percepción do espazo. Para poder apreciar a obra, o visitante ten que somerxerse literalmente nela, abríndose paso entre os globos e desencadeando un cúmulo de sensacións contraditorias, que van do pracer á euforia, do benestar á angustia, do xogo á desorientación; e onde o sentido lúdico se combina, en ocasións, con certo matiz ameazador. Segundo avanzamos no espazo, pasamos a formar parte da peza, facendo realidade as palabras do artista: ‘Estás dentro da obra en vez de estar a mirala dende fóra’ [Martin Creed, revista Art World Issue 5, xuño-xullo 2008, p. 37].
A exposición do MARCO inclúe tamén un grupo de obras relacionadas coa música e o son, nunha das salas do primeiro andar: a instalación sonora Work No. 189 Thirty-nine metronomes beating time, one at every speed [Trinta e nove metronómos marcando o tempo, cada un á súa velocidade], 1998, e partituras musicais, reflexo da variedade na obra de Creed, así como da súa faceta de compositor, músico e autor, que considera inseparable do seu traballo como artista visual.
Artistas
Martin Creed
Martin Creed naceu en Wakefield, Reino Unido, en 1968, e criouse en Glasgow. Actualmente vive e traballa en Londres e Alicudi, Italia. Participou en multitude de exposicións en todo o mundo, e en 2001 foi gañador do Turner Prize coa obra titulada Work No. 227 The lights going on and off. As súas exposicións individuais máis recentes inclúen Mothers (Hauser & Wirth, Londres, Savile Row, 2011); Down Over Up (Fruitmarket Gallery, Edimburgo, 2010); Ballet Work No. 1020 (Traverse Theatre, Edimburgo, 2010); Things (The Common Guild, Glasgow, 2010); Work No. 409 (Royal Festival Hall, Londres, 2010; Hiroshima City Museum of Contemporary Art, Hiroshima, 2009); Ikon Gallery (Birmingham, 2008) e Duveen Commission (Tate Britain, Londres, 2008).
As palabras e a música sempre foron parte integrante do traballo de Creed. Nas actuacións da súa banda, combina a miúdo artes visuais con palabras, coreografía e música.
‘Martin Creed and his band’
Martin Creed – guitarra eléctrica, guitarra acústica, voz
Keiko Owada - baixo, coros
Genevieve Murphy - teclados, coros
Ben Kane - batería
Rob Eagle - proxección vídeo/imaxes, coros
Creed creou a súa propia banda, ‘Owada’, en 1994, nome que deixou de utilizar en 1999. En 1997 lanzaron o seu primeiro CD, Nothing [Nada], no selo David Cunningham’s Piano. No ano 2000 publicou unha gravación das súas cancións co seu propio nome, na editorial Art Metropole, de Toronto. En 2010 creou a portada dun single de Futuristic Retro Champions, e apoiou o seu lanzamento cunha actuación da súa propia banda. En 2009 escribiu e coreografiou ‘Ballet’, un espectáculo que combina charla, música e danza, producido por Sadler’s Wells, Londres. En 2010 ‘Ballet’ representouse durante oito días no Traverse Theatre de Edimburgo, como parte do Edinburgh Festival Fringe. Esta obra representarase no teatro Sadler’s Wells, de Londres, o 21 de xuño de 2011.
Martin Creed
Wakefield, Reino Unido, 1968
Slade School of Fine Art, Londres, 1986-1990
Vive e traballa en Londres
Exposicións individuais (selección a partir do ano 2000)
2011
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Sala Alcalá 31, Madrid
Johnen Galerie Berlín, Alemaña
Hauser & Wirth, ‘Mothers’, Londres
2010
Moscow Museum of Modern Art, ‘Numbers’, Moscú
Southbank Centre, ‘Martin Creed: Work No. 409’ (Chorus Festival), Londres
Fruitmarket Gallery, ‘Down Over Up’, Edimburgo
Traverse Theatre, ‘Ballet: Work No. 1020’ (Edinburgh Festival), Edimburgo
2009
Centre Pompidou-Metz, ‘Work No. 245’, Metz, Francia
Hiroshima City Museum of Contemporary Art, Hiroshima, Xapón (exposición itinerante)
Scottish National Gallery of Modern Art, ‘Work No. 975’, Edimburgo
2008
Tate Britain, ‘Duveens Commission’, Londres
Gavin Brown's enterprise, Nova York, EUA
2007
Hessel Museum of Art and CCS Galleries, Bard College, ‘Feelings’, Annandale-on-Hudson, Nova York, EUA
508 West 25th Street, ‘Small Things’, Nova York, EUA
Hauser & Wirth Coppermill, Londres
Abrons Art Center, ‘Martin Creed's Variety Show’, Nova York, EUA
2006
Curzon Mayfair, ‘Sick Film’, Londres
Fondazione Nicola Trussardi, ‘I like things’, Milán, Italia
Johnen Galerie, ‘Work No. 547’, Berlín, Alemaña
Haubrokshows, ‘The lights off’, Berlín, Alemaña
Tate Modern, ‘Martin Creed's Variety Show’, Londres
2005
Comptoir de Nylon, ‘The lights going on and off’, Bruxelas, Bélxica
Stedelijk Van Abbemuseum, Eindhoven, Holanda
ACCA – Australian Center for Contemporary Art, ‘The lights off’, Melbourne, Australia
2004
Centre for Contemporary Art, Udjadowski Castle, ‘the whole world + the work = the whole world’, Varsovia, Polonia
Centre for Contemporary Art, 'TWG@CCA', Kitakyushu, Xapón
2003
Kunsthalle Bern, Berna, Suiza
Frac Languedoc-Roussillon, ‘Beaucoup de bruit pour rien’ (con Marylene Negro), Montpellier, Francia
Gavin Brown's enterprise, ‘Work No. 300’, Nova York, EUA
The British School, ‘Work No. 289’, Roma, Italia
2002
Alberto Peola Arte Contemporanea, ‘A large piece of furniture partially obstructing a door’, Turín, Italia
The Wrong Gallery, Nova York, EUA
2000
Kunst-Station Sankt Peters Kirche, ‘Work No. 252’, Colonia, Alemaña
Arte Continua, ‘Arte all' Arte’, San Gimignano, Italia
Tate Britain, ‘Art Now: Martin Creed’, Londres
Southampton City Art Gallery, ‘MARTINCREEDWORKS’, Southampton, Reino Unido (exposición
itinerante)
Times Square / 42nd Street, ‘Work No. 225’, Nova York, EUA
Tate Britain, ‘Work No. 232: the whole world + the work = the whole world’, Londres
Exposiciones colectivas (selección a partir do ano 2000)
2011
54th Biennale di Venezia, ‘ILLUMInazione’, Venecia, Italia (xuño 2011)
Museum Admont, ‘Sammler- LEIDENSCHAFT’, Bruxelas, Bélxica
Folkestone Triennial, ‘A million miles from home’, Kent, Reino Unido
Singapore Biennale 2011 ‘Open House’, Singapur
Tate St. Ives, ‘Summer Collection Display’, Cornualles, Reino Unido
2010
Minsheng Art Museum, ‘Other Rooms’, Shanghai, China
Palais de Tokyo, ‘FRESH HELL – Carte Blanche à Adam McEwen’, París
Queensland Art Gallery, ‘21st Century: Art in the First Decade’, Queensland, Australia
K21 Kunstsammlung Nordrhein-Westfalen, ‘‘Silent Revolution’ – Eine neue Sammlungspräsentation’’, Dusseldorf, Alemaña
La Casa Encendida, ‘on&on’, Madrid
2009
MOMA - Museum of Modern Art, ‘Paper: Pressed, Stained, Slashed, Folded’, Nova York, EUA
MUHKA - Museum van Hedendaagse Kunst, ‘All That Is Solid Melts Into Air’, Amberes, Bélxica
2008
SUN Contemporary, ‘Platform Seoul’, Seúl, Corea
Kunsthalle Bern, ‘No leftovers’, Berna, Suíza
Galeria Luisa Strina, ‘This is Not A Void’, São Paulo, Brasil
2007
Galleria d'Arte Moderna e Contemporanea, ‘The Future of Futurism’, Bérgamo, Italia
Museum of Contemporary Art Detroit, ‘Words Fail Me’, Detroit, EUA
Institute of Contemporary Art, ‘Ensemble’, Filadelfia, EUA
Fondazione Sandretto Re Rebaudengo, ‘Silence: Listen to the Show’, Turín, Italia
Villa Arson, ‘Half square, half crazy’, Niza, Francia
Kunsthalle Bern, ‘Critical Mass - Kritische Masse’, Berna, Suíza
MACRO - Museo d'Arte Contemporanea Roma, Italia
III Bienal de Jafre, Jafre del Ter, Girona
2006
P.S. 1 Contemporary Art Center y MoMA – Museum of Modern Art, ‘Into Me / Out of Me’, Long Island, Nova York, EUA (exposición itinerante)
KW Institute for Contemporary Art, ‘Into Me/Out of Me’, Berlín, Alemaña (exposición itinerante)
4th Berlin Biennial for Contemporary Art, ‘Of Mice and Men’, Berlín, Alemaña
Centre Georges Pompidou, ‘Big Bang: Destruction and Creation in 20th Century Art’, París, Francia
Secession, ‘I (Ich) Performative Ontology’, Viena, Austria
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, ‘The Invisible Show. Audio Works from the 20th Century’, Vigo / Centro José Guerrero, Granada
Schirn Kunsthalle, ‘Nichts’, Frankfurt, Alemaña
2005
K20 Kunstsammlung, ‘Ambiance – Des Deux Côtes du Rhin’, Dusseldorf, Alemaña
Casino Luxembourg – Forum d'Art Contemporain, ‘L'humanité mise à nu et l'art en frac. même’, Luxemburgo
CCA Wattis Institute for Contemporary Arts, ‘General Ideas: Rethinking Conceptual Art 1987-2005’, San Francisco, EUA
Biennale d'Art Contemporain de Lyon, ‘Expérience de la Durée’, Lyon, Francia
Printemps de Septembre, Toulouse, Francia
2004
ICA, ‘Artists' Favourites’ Londres
Serpentine Gallery, ‘State of Play’, Londres
Palais de Tokyo, ‘Live’, París
2003
Kunstverein Frankfurt, ‘Adorno’, Frankfurt, Alemaña
Kunstverein Salzburg, ‘Soundsystem’, Salzburgo, Austria
Museum Boijmans van Beuningen, ‘Shine’, Rotterdam, Holanda
2002
CCAC – California College of the Arts, ‘Rock my World: Recent Art and the Memory of Rock'n'Roll’, San Francisco, EUA
Charlottenborg, ‘My Head is on Fire but my Heart is Full of Love’, Copenhague, Dinamarca
MOMA - Museum of Modern Art, ‘Tempo’, Nova York, EUA
2001
Tate Britain, ‘Turner Prize 2001’, Londres
Rooseum Center for Contemporary Art, ‘Rooseum Provisorium’, Malmo, Suecia
Museum of Contemporary Art, 'Art/Music: Rock, Pop, Techno', Sídney, Australia
2000
Whitechapel Art Gallery, ‘Protest and Survive’, Londres
Fondazione Pistoletto, ‘A casa di...’, Biella, Italia
Tate Britain, ‘Intelligence: New British Art 2000’, Londres
Contemporary Art Centre, ‘Proper’, Vilnius, Lituania
Premios
2001
Turner Prize
+ información en
Links entrevistas
http://www.martincreed.com/site/words/jerome-sans-interview
http://issuu.com/phillipsdepury/docs/music_lon_nov_final
Martin Creed & his Band
http://www.cafeoto.co.uk/martin-creed.shtm
http://www.palaisdetokyo.com/fo3/low/programme/index.php?page=nav.inc
http://dl.dropbox.com/u/5582882/Thinking%20Not%20Thinking%20%28320%20k
Texto curatorial
“Work No. 247 Half the air in a given space provén, na súa orixe, do mesmo proceso de traballo que Work No. 227 The lights going on and off [As luces acendéndose e apagándose], obra coa que Martin Creed gañou o Turner Prize en 2001, na que as luces xa existentes dun espazo dado, acéndense e apáganse de xeito continuado segundo unha secuencia temporal previamente establecida. Creed describiu esta peza como un intento de facer unha escultura similar a unha peza de música, na que 'a obra sucede diante de ti mentres a estás a observar' [Martin Creed, entrevista Tom Eccles, Martin Creed. Works, 2010, p. XV].
Mostrar o proceso da obra é algo sobre o que Creedleva investigando dende o inicio da súa carreira artística. Ao finalizar os seus estudios de arte na Slade School of Art, empezou a compoñer música e cancións, como un modo de facer o proceso máis visible: 'Unha canción é un proceso, dende o momento anterior ao inicio da música ata o momento inmediatamente posterior á súa finalización' [Martin Creed, entrevista Jérôme Sans, ‘Blow and Suck’, Live, Palais de Tokyo / Éditions Cercle d’Art, 2004, p.76]
Dende entón, música e son forman parte integrante da obra de Creed, pero existen diferenzas entre elas. As obras de son teñen unha estrutura aberta, sen principio nin fin. A exposición do MARCO inclúe a instalación sonora Work No. 189 Thirty-nine metronomes beating time, one at every speed, na que 39 metrónomos funcionan á vez, marcando un tempo —a velocidade á que unha peza musical debe executarse— pero cada un a distinta velocidade, de entre as 39 posibles. O metrónomo, un instrumento de precisión, pasa a reproducir todas as súas velocidades, creando unha cacofonía que se percibe en paralelo á acción deses 39 obxectos, aliñados coma se fosen bailaríns, e movendo os seus brazos a distintos ritmos. En palabras do crítico Massimiliano Gioni, o metrónomo funciona como metáfora esencial da obra de Creed: 'son, negación de son, repetición de son. Son, silencio, son, silencio…’ [Massimiliano Gioni, ‘The System of Objects’, en Martin Creed. Works, 2010, p. XX].
Unha das características das obras de Creed é que se poden executar infinita e repetitivamente como unha partitura de música, pero ao igual que esta, cada interpretación é distinta das anteriores. Moitas das súas obras están baseadas en instrucións precisas do artista, como en Work No. 117. All the sounds on a drum machine [Todos os sons nunha caixa de ritmos], 1995, ou Work No. 194. Nothing [Nada], 1995-1996, unha canción na que só se repite esa mesma palabra. A exposición do MARCO inclúe, nunha das salas do primeiro andar, varias pezas e documentación que abranguen as súas diversas exploracións en obras de son, cancións e partituras musicais; como reflexo da variedade da súa obra, da súa faceta de músico e autor.
Paralelamente á súa carreira artística, creou o seu grupo de música en 1994, formado orixinalmente por tres instrumentos, que interpreta cancións reducidas ao mínimo de palabras e notas. Todas as súas composicións musicais teñen unha estrutura pechada, un principio e un fin, e van dende Creed enumerando os números do 101 ao 200 en Work No. 196 101-200, 1994-1995, a versións máis líricas como Work No. 191 Feeling blue, 1994-1996, na que identifica cores con estados de ánimo. Nos últimos anos, as actuacións en vivo de ‘Martin Creed & his band’ foron evolucionando cara a Variety Performances, onde entrelaza diversos medios e linguaxes —orquestra, danza, videoarte, charlas, ballets, mímica— esvaecendo a liña divisoria entre música e arte, entre distintos xéneros, e experimentando con eles en espazos como teatros, auditorios, museos, clubes ou universidades.
‘I also like music because it’s in the air, everywhere… it’s all around – it doesn’t have to stay in one place’ [Gústame a música porque está no aire, en todas partes… por todos lados, e non nun lugar en concreto. Martin Creed, entrevista Tom Eccles, Martin Creed. Works, 2010, p. XIII]”.
Carolina Grau
Comisaria da exposición
Comisariado
Carolina Grau
Carolina Grau (Barcelona, 1969) é comisaria independente, licenciada en Historia da Arte pola Universitat de Barcelona e Master en xestión de museos e galerías na Business School of City University, Londres. Residente en Londres entre 1995 e 2010, actualmente vive e traballa en Barcelona. Comisariou, entre outras, as seguintes exposicións: My Old Man Said Follow the Van (Rosemary Branch Theatre, Londres 1999); Around the Corner (Galería Cristina Guerra, Lisboa, 2004); Contrabando (Galería Luisa Strina, São Paulo, 2006); Entre fronteiras (MARCO, Vigo, 2007); Electrones libres: selección de vídeos de la colección Lemaitre (Tabakalera, San Sebastián, 2007); Look Again: cinco visiones de vídeo contemporáneo (Tabakalera, San Sebastián, 2009), e recentemente comisariou Un autre point de vue (La Galerie Centre d’Art Contemporain, París, 2010). É autora de textos para catálogos de artistas contemporáneos —entre eles o de Angela de la Cruz e Chris Ofili— e coordinou eventos na 51ª Bienal de Venecia (2005) ou na Tate Modern de Londres (2001). Carolina Grau é co-fundadora da Bienal de Jafre (2003) xunto a Mario Flecha, que este verán presentará a súa quinta edición (V Bienal de Jafre, 6 agosto 2011).