rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA //CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

Boletín de convocatorias. Verán 2016

CONVOCATORIA DESTACADA

Convocatoria PROXECTOS / ANEXO 2017    NOVO
Convoca: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Descrición: convocatoria aberta para a programación do Anexo 2017, sala de proxectos ubicada no vestíbulo principal do museo. A liña de programación pon especial énfase na producción propia: trátase de proxectos específicos para este espazo, formulados como ciclos de exposicións como parte dun mesmo comisariado, con perioricidade anual. A proposta deberá de inscribirse dentro do campo do pensamento contemporáneo e queda aberta a todas as formas de creación e á participación de axentes de toda nacionalidade e idade con residencia en Galicia.
Dotación: 18.000€ para o desenvolvemento do proxecto
Data fin: 28 de xullo de 2016
Máis información

BOLSAS E PROXECTOS

AUTONÓMICOS

Programa de Residencias Artísticas Locales MAC 2016    NOVO
Convoca: MAC, A Coruña
Descrición: poderán ser beneficiarios destas dúas residencias todos aqueles artistas (de calquera disciplina) e profesionais da cultura (xestores/as, comisarios/as, mediadores/as, etc.), residentes en Galicia e menores de 45 anos que desexen desenvolver un proxecto de investigación artística na sede do MAC na Coruña. 
Dotación: 3.000€ en concepto de honorarios; ata 400€ en concepto de axuda a produción; cesión do equipo de traballo e almorzos de luns a venres.
Data fin: 13 de xullo de 2016
Máis información

Programa de Residencias Artísticas Internacionales MAC 2016    NOVO
Convoca: MAC, A Coruña
Descrición: poderán ser beneficiarios destas duas residencia todos aqueles artistas (de calquera disciplina) e profesionais da cultura (xestores/as, comisarios/as, mediadores/as, etc.) de calquera nacionalidade, non residentes en Galicia e menores de 45 anos que desexen desenvolver un proxecto de investigación artística na sede do MAC na Coruña. 
Dotación: 3.000€ en concepto de honorarios; ata 400€ en concepto de axuda á produción; transporte en avión dende o lugar de orixe ata A Coruña.
Data fin: 13 de xullo de 2016
Máis información

ESTATAIS


Ayudas INJUVE para la Creación Joven 2016   NOVO
Convoca: Injuve, Madrid
Descrición: o obxectivo das axudas é favorecer o traballo de creadores novos, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2017 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, deseño, cómic e ilustración.
Dotación: de 6.000€ ata 10.000€ segundo a categoría.
Data fin: 18 de xullo de 2016
Máis información

Becas Pilar Juncosa     
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Mallorca
Descrición: as bolsas estarán relacionadas coas seguintes temáticas: investigación sobre Miró e o seu contexto artístico e cultural; sobre un proxecto de educación artística; de formación artística noutros centros; de formación para os gañadores do certame de arte gráfica para creadores novos e de formación para participar nos cursos dos obradoiros de obra gráfica de Joan Miró.
Dotación: varía segundo a bolsa
Data fin: 29 de xullo de 2016
Máis información  

Comunicaciones del Seminario “Memoria y Desacuerdo: Políticas del Archivo, Registro y Album Familiar”      NOVO
Convoca: Universidad Internacional Menéndez Pelayo e Diputación Provincial de Huesca
Descrición: as comunicacións pretenden establecer un diálogo aberto sobre a importancia do concepto de Arquivo e rexistro na creación do contido e significado da obra artística contemporánea, sobre as particularidades da súa tecnoloxía, prácticas e discursos e sobre como todas elas interactúan connotando o resultado e significado final da obra.
Dotación: non consta.
Data fin: 4 de setembro de 2016
Máis información   

II Beca de Investigación Artística Fundación Banco Sabadell - Hangar      NOVO
Convoca: Banco Sabadell e Hangar, Barcelona
Descrición: bolsa para un investigador/a predoutoral que estea en proceso de realización da tese doutoral en calquera universidade española. Os obxectivos da bolsa son, por un lado, coaxudar ao investigador/a predoutoral no desenvolvemento do seu proxecto de investigación e o seu traballo experimental e por outro lado, poñer en valor as colaboracións pactadas entre as entidades convocantes e outras entidades asociadas a elas como universidades e centros de investigación. A duración da bolsa será de catro meses.
Dotación: honorarios: 4.000€; bolsa de produción: 5.000€; un desprazamento de ida/volta a Barcelona: ata 1.000€; aloxamento e espazos de traballo en Hangar, apoio técnico para o desenvolvemento e produción do proxecto e a rede de colaboradores de Hangar
Data fin: 3 de outubro de 2016
Máis información 

INTERNACIONAL

Becas para Artistas y Arquitectos en Alemania    
Convoca: DAAD, Deutscher Akademisher Austausch Dients
Descrición: a modalidade da bolsa completa ofrece dúas opcións: a) unha estadía (máximo dun ano) de creación durante a cal pode desenvolverse un proxecto artístico baixo a supervisión dun mestre/tutor alemán na universidade alemana; b) a realización dun programa de mestría en artes ou música que dure máximo dous anos.  
Dotación: 750€ mensuais + 460€ anuais para fins de estudo e investigación + billetes aéreos + seguro médico + curso previo de alemán + aloxamento e manutención 
Data fin: 31 de outubro de 2016
Máis información

CURSOS E OBRADOIROS

AUTONÓMICOS


TV or Not TV. Itinerarios da Ficción Televisiva    NOVO
Convoca: CGAC, Santiago de Compostela
Descrición: neste curso afondarase nalgunhas das propostas máis audaces ao longo da historia, entendendo a televisión como medio de evasión e de ocio, pero sen esquecer a vertente de coñecemento, pois moitos dos seus produtos son un espello do tempo no que foron creados.
Prezo: 15€; socios do Cinecuble Compostela e de AGAG: 10€   
Datas: 28 de setembro-10 de novembro de 2016
Máis información 

Os Ollos Non Queren Pecharse: Persistencias e Resistencias da Mirada na Historia do Cinema   NOVO
Convoca: CGAC, Santiago de Compostela
Descrición: este curso exponse como unha pequena e parcial historia da mirada a través de películas e cineastas que se resisten a pechar os ollos, que se rebelan e nos revelan novas maneiras de ver e de dar a ver, ampliando así o noso imaxinario.
Prezo: matrícula anticipada (15 de xuño-31 de agosto): 70€; xeral: 80€; socios do Cineclube Compostela: 65€ 
Datas: 16 de novembro de 2016-31 de maio de 2017
Máis información 

ESTATAIS

De Marcel Duchamp a Ben Patterson. La Política Documental de La Muga Caula en el Arte de Acción    NOVO
Convoca: MACBA, Barcelona
Descrición: mesa redonda con Óscar Abril Ascaso, Lis Costa e Joan Casellas na que se falará da obra de Ben Patterson, de Fluxus, as súas extensións e do proxecto documental La Mula Caula.
Prezo: de balde
Data: 13 de xullo de 2016
Máis información 

Historias y Archivas del Movimiento Feminista en el Estado Español  NOVO
Convoca: MUSAC, León
Descrición: o seminario é un percorrido pola historia do movemento feminista no Estado español desde a súa irrupción tras a morte de Franco no 1975 ata o momento actual.
Prezo: de balde
Datas: 15-16 de xullo de 2016
Máis información 

Coleccionismo, Apreciación y Valor del Arte Contemporáneo. Un Recorrido por los Actuales Circuitos del Arte   NOVO
Convoca: IAC e Asociación de Coleccionistas Privados 9915. Impartido na Universidad Internacional Menéndez Pelayo en Santander
Descrición: a través das figuras de senlleiras, artistas, escritores, docentes e investigadores, coleccionistas, galeristas, responsables de museos e demais axentes que configuran o estamento artístico contemporáneo, analizarase a presente conxuntura do mercado da arte, proporcionando datos e informacións que faciliten ás audiencias interesadas e medios de comunicación o coñecemento das distintas modalidades de mercado e factores que inciden e determinan a distribución do obxecto artístico e o precio das obras de Arte.
Prezo: 230€
Datas: 18-20 de xullo de 2016
Máis información 

Atlántico Frío. Guerra Cultural, Disidencia Artística, Redes y Zonas de Contacto en los Tiempos del Telón de Acero    NOVO
Convoca: MNCARS, Madrid
Descrición: o congreso aborda os intercambios artísticos, culturais e estéticos que se produciron en Estados Unidos, Europa, África e América Latina durante a Guerra Fría, co obxectivo de poñer en relevo os eixes de aliñamento entre os actores que se viron atrapados nestre gran teatro estratéxico.
Prezo: non consta
Data: 5-7 de setembro de 2016
Máis información 

Conversación entre las artistas Helena Cabello y Ana Carceller    NOVO
Convoca: IVAM, Valencia
Descrición: conversación entre as artistas e a comisaria Alba Braza con motivo da exposición “Cabello/Carceller. Lost in Transition_un poema perfomativo”.
Prezo: de balde
Data: 22 de setembro de 2016
Máis información 

La Creatividad como Espacio de Conflicto   NOVO
Convoca: MNCARS, Madrid
Descrición: Javier Montero presenta un proxecto de investigación crítica e de produción colectiva sobre as diversas formas da creatividade, e sobre o papel que desempeñan na produción as novas subxectividades.
Prezo: de balde
Data: 26 de setembro-28 de novembro de 2016
Máis información 

Danza, Género y Nación: 1930-1960    NOVO
Convoca: MNCARS, Madrid
Descrición: danza, xénero e nación, tres conceptos estreitamente ligados no contexto da cultura occidental contemporánea, son os eixes que articulan a temática deste seminario, centrado no período do segundo terzo do século XX: unha época convulsa tras a crise económica de 1929 e o ascenso dos totalitarismos que desencadearon, pouco despois, a Segunda Guerra Mundial.
Prezo: de balde
Data: 29 de setembro-1 de outubro de 2016
Máis información 

PREMIOS

ESTATAIS


III Premio Ankaria al Libro de Artista    NOVO
Convoca: Fundación Ankaria
Descrición: o obxectivo do certame é impulsar a produción de libros de artista entre a comunidade creadora. Poderán participar artistas de todas as nacionalidades cunha soa obra, de temática libre, sen limitación de tamaño ou formato sempre que responda aos cánones do libro de artista/libro obxecto.
Premios: 1º premio: 2.000€ + participación en exposición; 2º premio: 1.000€ + participación en exposición
Data fin: 15 de setembro de 2016
Máis información 

Concurso de Cortos Abarca Film Festival    NOVO
Convoca: Abarca Shoes
Descrición: para participar debe enviarse unha curta de temática libre, orixinal pero non necesariamente inédita.
Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 1.000€; premio do público: 1.000€
Data fin: 20 de setembro de 2016
Máis información 

XVI Certamen Cultural Ibérico Jóvenes Artistas 2016    NOVO
Convoca: Instituto Municipal de Juventud, Ayuntamiento de Cáceres
Descrición: o obxectivo do certame é impulsar a creatividade de artistas novos, españois e portugueses. Comprende as seguintes modalidades: literatura, fotografía, deseño gráfico, pintura e grafiti. A temática é libre.
Premios: 1.000€ por modalidade
Data fin: 14 de outubro de 2016
Máis información 

X Concurso de Pintura Fundación AguaGranada   NOVO
Convoca: Fundación AguaGranada
Descrición: o lema do concurso é “Granada: el Agua en la ciudad”. Cada autor poderá presentar unha obra que deberá estar enmarcada.
Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 2.000€; tercer premio: 1.000€
Data fin: 18 de novembro de 2016
Máis información 

 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.