rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Todavía siempre reúne unha selección de obras dos últimos dez anos nos que Laía Argüelles Folch (Zaragoza, 1986) desenvolveu a súa metodoloxía de pensamento e composición, a partir da investigación e o traballo con materiais atopados en rastros, tendas de coleccionismo e librarías de vello de diversos países.
Os espazos da planta baixa do MARCO ofrecen un percorrido pola obra de Daniel Verbis (León, 1968); unha mostra do seu vigor creativo a través dun conxunto de obras representativas do seu labor artístico e investigador ao longo destes últimos anos.
A exposición Indicios, producida polo MARCO, reúne unha selección do seu traballo máis recente; pinturas ao óleo sobre distintos soportes, realizadas entre 2022 e a actualidade.