

Con motivo da inauguración de VARCO 2025 (Vigo Arte Contemporánea) no Auditorio Mar de Vigo, convidámosvos o próximo domingo 30 de novembro ás 11:00 (antes da sesión vermú), a unha visita guiada na compaña da comisaria e artista Eva Tarrío.
Ao longo da visita, descubriremos unha amplía mostra de arte actual, onde conflúen as traxectorias de 30 artistas de Galicia e do norte de Portugal. Esta é unha oportunidade única, na que cada artista estará dispoñible para compartir o seu proceso creativo e a súa procura persoal a través da arte.
CONFIRMACIÓN E RESERVAS:
A visita guiada é gratuíta e o aforo máximo é de 30 persoas.
As persoas interesadas deben enviar un email a agrupacion.amiga@marcovigo.com [3] indicando nome e apelidos.
+INFO
https://auditoriomardevigo.com/varco-2025-ii-encuentro-artistico/ [4]
Enlaces:
[1] https://marcovigo.com/sites/default/files/Inauguraci%C3%B3ns%20e%20visitas%20guiadas_600x200_16.jpg
[2] https://marcovigo.com/sites/default/files/Inauguraci%C3%B3ns%20e%20vistas%20guiadas_200x150_16.jpg
[3] mailto:agrupacion.amiga@marcovigo.com
[4] https://auditoriomardevigo.com/varco-2025-ii-encuentro-artistico/