

Con motivo da inauguración da exposición de ROBERTO HUARCAYA no MARCO (Panóptico da planta baixa e salas frontais do 1º andar), convidámosvos a unha visita guiada na compaña do artista e do director do MARCO, Miguel Fernández-Cid.
Dado que será nun día da semana inusual, pregamos tomedes boa nota da cita: o vindeiro MARTES 18 de novembro, ás 19.00
Considerado un artista esencial na exploración de técnicas fotográficas experimentais e na representación da relación entre o ser humano e a natureza, Roberto Huarcaya (Lima 1959) desenvolveu unha práctica artística centrada no uso de fotogramas de gran formato, realizados sen cámara, que capturan a esencia de diversas paisaxes e personaxes peruanos mediante o contacto directo de elementos naturais con papel fotosensible. Este enfoque permitiulle crear series emblemáticas como Amazogramas, Andegramas e Océanos, que foron expostas en importantes institucións e festivais internacionais, incluíndo a Bienal de Venecia, Paris Photo e Les Rencontres d’Arles.
+INFO https://www.marcovigo.com/content/roberto-huarcaya-intersticios-fotogramas-2014-2025 [3]
Enlaces:
[1] https://marcovigo.com/sites/default/files/Inauguraci%C3%B3ns%20e%20visitas%20guiadas_600x200_15.jpg
[2] https://marcovigo.com/sites/default/files/Inauguraci%C3%B3ns%20e%20vistas%20guiadas_200x150_15.jpg
[3] https://www.marcovigo.com/content/roberto-huarcaya-intersticios-fotogramas-2014-2025