

O xoves 3 de xullo ás 19.30, propoñémosvos unha visita guiada pola exposición de Pilar Alonso naCasa das Artes(Rúa de Policarpo Sanz, 15), na compaña da artista.
A súa exposición "Non fun", representa un mundo de identidades múltiples, de exhibición e ocultación, xogando co espazo do edificio, non como un simple contedor, senón como parte esencial dun mecanismo escópico dende o que observar e ao mesmo tempo ser observada, dende a consciencia de que é preciso o mirar de outro/outra para conformar a identidade e a existencia.
Enlaces:
[1] https://marcovigo.com/sites/default/files/Inauguraci%C3%B3ns%20e%20visitas%20guiadas_600x200_12.jpg
[2] https://marcovigo.com/sites/default/files/Inauguraci%C3%B3ns%20e%20vistas%20guiadas_200x150_12.jpg