

O martes 28 de outubro ás 19:30, no Salón de Actos do MARCO, convidámosvos a un diálogo moi interesante, "Psique e creación: as linguaxes da alma", da man da Fundación CorBI.
Nesta ocasión, Marta García (psicóloga) e Xosé Poldras (artista plástico) trazarán un diálogo onde a arte e a ciencia atopan un espazo común de resonancia.
Marta, dende a psicoloxía, explora a forza expresiva do inconsciente nas manifestacións artísticas. Pola súa banda, Poldras ofrece unha mirada que combina filosofía e arte, transformando a imaxe nunha reflexión sobre o ser humano.
Enlaces:
[1] https://marcovigo.com/sites/default/files/Outros%20eventos_600x200_8.jpg
[2] https://marcovigo.com/sites/default/files/Outros%20eventos_200x150_8.jpg