

Laboratorios Artísticos para público infantil e familiar
Obradoiros e actividades para grupos e para colectivos con necesidades específicas
Coa colaboración de: Fundación "la Caixa"
Cara ao mes de xullo, a área de Didáctica do MARCO presenta a súa programación especial de verán, que este ano inclúe obradoiros para público infantil, Laboratorios Artísticos para familias, talleres e actividades para grupos e colectivos con necesidades específicas, que se desenvolverán en distintos espazos do Museo e na zona exterior e interior do Espazo Anexo. Todo no contexto do programa ‘MARCOinclusivo’, que conta coa colaboración de Fundación ”la Caixa”.
Apertura inscrición a partir do venres 26 xuño ás 11.00 recepcion@marcovigo.com [3]
Para público infantil de 3 a 6 anos
Conducidos por Mª Xosé Martínez e persoal de Didáctica do MARCO
Do 7 ao 31 de xullo de 2026
Horario: martes, mércores e venres de 12.00 a 13.30
MARCO: salas de exposición e Espazo Anexo (praza peonil posterior)
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (prazas limitadas)
Reservas de praza en taquilla recepcion@marcovigo.com [3] / Tel. 986 113900 (ext. 200)
Para os participantes de menor idade, as actividades de taller poñen o foco nunha experiencia de aprendizaxe baseada no desfrute, ao tempo que serven de apoio á conciliación familiar no período estival.
As obras das exposicións serven de eixe condutor para experimentar con técnicas, elementos, conceptos, temas e recursos presentes en artistas como Alberto Ardid –o humor, a repetición, a acción–, Mariana Gomes –a pincelada, a pintura como materia orgánica–, e Francisco Mendes Moreira –a reciclaxe, a apropiación–, a través de distintos medios e materiais.
Para participantes a partir de 7 anos sós ou acompañados de persoas adultas
Conducido por Cristina González Larriba (Arte&Garabato) e persoal de Didáctica do MARCO
Do 9 ao 30 de xullo de 2026
Horario: xoves de 11.30 a 13.00
MARCO: salas de exposición e Espazo Anexo (praza peonil posterior)
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (prazas limitadas)
Reservas de praza en taquilla recepcion@marcovigo.com [3] / Tel. 986 113900 (ext. 200)
Unha serie de catro sesións independentes arredor das obras de Alberto Ardid e doutros artistas contemporáneos, nas que abordamos accións e experimentos en torno á percepción. Exploramos os mecanismos da visión, redescubrimos paisaxes exteriores e interiores, utilizamos técnicas e procesos creativos para alterar e manipular imaxes, xogando co fragmento, a liña, as escalas, os planos de cor. Traballamos conceptos como a acumulación, o rexistro e a repetición como estratexias de creación artística. Observamos a luz, a sombra e os seus reflexos, como elementos transformadores e xeradores de novas narrativas visuais.
Actividades á medida para públicos de todas as idades (colectivos, asociacións e grupos con necesidades específicas)
Conducidos por Mª Xosé Martínez e persoal de Didáctica do MARCO
Do 7 ao 31 de xullo de 2026
Horario: martes, mércores e venres de 10.30 a 12.00
MARCO: salas de exposición e Espazo Anexo (praza peonil posterior)
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (prazas limitadas)
Mínimo 10 e máximo 25 participantes por grupo [No caso de grupos pequenos, o número de participantes poderá completarse con outras reservas]
Reservas de praza en taquilla recepcion@marcovigo.com [3] / Tel. 986 113900 (ext. 200)
As mostras de Mariana Gomes, Francisco Mendes Moreira, Alberto Ardid, e o novo proxecto ARTISTAS EN CONSTRUCIÓN, ofrecen múltiples posibilidades de interacción e mediación para grupos e colectivos con necesidades específicas, con propostas deseñadas á medida en función das características dos participantes. Unha aprendizaxe baseada no descubrimento, a curiosidade, e un pensamento flexible e creativo.
Imaxe de portada: Cristina González Larriba (Arte&Garabato)
Enlaces:
[1] https://marcovigo.com/sites/default/files/Obradoiros%20ver%C3%A1n_600x200.jpg
[2] https://marcovigo.com/sites/default/files/Obradoiro%20ver%C3%A1n_200x150.jpg
[3] mailto:recepcion@marcovigo.com