Os talleres dos artistas ofrecen unha excelente información do seu modo de traballar. O de Mariana Gomes (Faro, 1983) é diáfano, pero, segundo a iluminación, a disposición de mesas e estantes, percíbense espazos que determinan os lugares nos que desenvolve distintas actividades. Hai xogos de miradas, imaxino que trazados polo azar, e obxectos que axiña adquiren protagonismo. Como unha serie de pequenas esculturas, entre as que chaman a atención as cabezas de Antonin Artaud, Philip Guston, Tintoretto, Leopardi, Borges, Eliot ou Henri Michaux, no que parecen homenaxes a referentes, pero tamén unha necesidade de tocar a materia, de sentila, nun trazo que resulta central no seu traballo.
Porque Mariana Gomes defende a pintura como unha busca inquieta, intensa, na que asoman o xogo, a transgresión, o happening, o festivo e o carnavalesco, a máscara, a paixón e o humor, nun empeño de estar no fío, abrindo novos camiños. A pintura como acción, banquete sobre a tea. E o debuxo como fluír continuo, unha sucesión de imaxes que teñen algo de pel delgada, de capa leve, pero tamén de mural.
Con frecuencia, na pintura parte de referencias, pero dá finalmente protagonismo ao xesto, á linguaxe da abstracción, á greta, ao suco. Repasando a súa obra, existe unha especie de empeño en empezar sempre (Ícaro, o tempo), como cando pintou sobre cadros xa expostos e non quixo cubrilos senón provocar o encontro entre dous momentos, dúas accións, dúas buscas, na certeza de que son sempre a mesma: o acto de pintar, e facelo sobre outra presenza, mesmo a tea branca. Ou xogar coas sombras, proxectar imaxes sobre máscaras e obxectos, empeñada en saber que hai detrás ou dentro da pintura.
Miguel Fernández-Cid / Pilar Souto Soto, comisarios da exposición
INFORMACIÓN XERAL / DOCUMENTACIÓN / ACTIVIDADES
Programación para escolares
Colabora: Fundación ”la Caixa”
Ata o 25 de xuño
Horario: de martes a venres de 10.00 a 11.30 e de 11.30 a 13.00
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / comunicacion@marcovigo.com
Programación para asociacións, colectivos e grupos con necesidades específicas
Colabora: Fundación ”la Caixa”
A partir do 16 de xuño
Horario: flexible en función de necesidades e dispoñibilidade
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / comunicacion@marcovigo.com
Obradoiros de verán para público infantil e familiar
Colabora: Fundación ”la Caixa"
A partir do 7 de xullo
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / recepcion@marcovigo.com
Información e visitas guiadas
O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información, ademais das visitas guiadas habituais: todos os días ás 18.00 / Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita.