Nace en Madrid en 1968 nunha familia de artistas (fillo do pintor Juan Giralt, neto do escritor Gonzalo Torrente Ballester e sobriño do tamén escritor Gonzalo Torrente Malvido). En 1999 gaña o Premio Herralde de Novela con París e en 2011 gañou o Premio Nacional de Narrativa coa súa novela Tempo de vida, na que narra a relación co seu pai ata a morte deste.