Estamos ante as historias de seis persoas desesperadas por diferentes medos: medo ao fracaso como artista; medo á ansiedade; librarse da presenza da morte; medo á fealdade; recuperar o desexo de vivir; librarse da enfermidade do amor. Todas elas tentan curar os seus males coa ciencia pero acaban recorrendo á superstición - neste caso, a maxia do colibrí.
Todas teñen un punto común: unha médium que escoita as súas historias e lles propón cazar un colibrí. A médium conecta co chamán en México e este co cazador.
As seis persoas desesperadas teñen que decidir se matan ou non o colibrí para curar o seu mal.
A obra convida ao espectador a que tome a súa decisión, ante a visualización de seis cadáveres embalsamados: o colibrí vermello (amor), o azul (ansiedade), o amarelo (fracaso), o branco (morte), o carne (fealdade), o negro (desexo de vivir). Os colibrís, pese a ser paxaros mortos, manteñen a súa beleza, parecen ter sido retidos no mesmo instante da morte.
Mónica Alonso dá con esta obra un paso máis na súa liña de creación. Gran parte do seu traballo é confesional, chegando a traballar cos relatos doutras persoas. Na maxia do colibrí, a artista é a médium.
160 p., fot. cor
Idioma: galego
Publicación dispoñible para compra na tenda-libraría LASAL BOOKS (vestíbulo do MARCO) o a través da web www.lasalbooks.com [3]
Enlaces:
[1] https://marcovigo.com/sites/default/files/monica_portada_0.jpg
[2] https://marcovigo.com/sites/default/files/monica_alonso_0.jpg
[3] http://www.lasalbooks.com/