De Francisco Mendes Moreira (Coimbra, 1979) insístese na súa condición de artista autodidacta, cando o importante é o seu empeño en camiñar sen referentes xeracionais, buscando soportes, solucións e imaxes a través das cales explica a súa visión do mundo. Pinta sobre cartóns atopados, sobre manteis, teas e edredóns; realiza obxectos en papel maché, dialoga cos espazos. Parte do próximo e mestúrao con referencias a unha cultura tan ampla e diversa que lle permite relacionar a Brueghel, Piero, a pintura clásica, Picasso, o surrealismo, Philip Guston, a banda deseñada, a música tradicional, o blues, Kerouac, Bob Dylan, The Doors, Neil Young, referencias ao cinema, a pasaxes, versos ou títulos de cancións.
Directa e ao tempo misteriosa, a súa obra provoca unha forte inquedanza inicial, que nos fai preguntar: de onde sae un artista tan pouco convencional, tan libre? Sen dúbida, da necesidade de expresarse. Traballa á procura do que suceda, parte de algo que sitúa no soporte e a pintura lle suxire por onde seguir. Nada é homoxéneo nin ríxido, todo xorde e decídese no proceso. A pintura avanza en capas e defínese no diálogo entre personaxes, formas e acción. E existe algo turbador coa escala, ou no xeito de levar as cores cara aos grises… Cousas que suceden cando a pintura é libre, visceral, e comparte humor e rigor.
Nos cadros chaman a atención os xogos de espellos, de miradas, de direccións, a presenza de máscaras. Os corpos teñen ás veces unha articulación case mecánica; cada personaxe é independente no formal, pero a escena está integrada, é uniforme e dinámica; ao final, as obras relaciónanse e créase unha especie de historia narrativa, noutra invención engadida.
Miguel Fernández-Cid / Pilar Souto Soto, comisarios da exposición
INFORMACIÓN XERAL / DOCUMENTACIÓN / ACTIVIDADES
Programación para escolares
Colabora: Fundación ”la Caixa”
Ata o 25 de xuño
Horario: de martes a venres de 10.00 a 11.30 e de 11.30 a 13.00
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / comunicacion@marcovigo.com
Programación para asociacións, colectivos e grupos con necesidades específicas
Colabora: Fundación ”la Caixa”
A partir do 16 de xuño
Horario: flexible en función de necesidades e dispoñibilidade
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / comunicacion@marcovigo.com
Obradoiros de verán para público infantil e familiar
Colabora: Fundación ”la Caixa”
A partir do 7 de xullo
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / recepcion@marcovigo.com
Información e visitas guiadas
O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información, ademais das visitas guiadas habituais: todos os días ás 18.00 / Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita.