O Club de Lectura #BiblioMARCO estrea nova tempada (outubro 2024 – maio 2025)
O martes 17 de setembro ás 9.00 abrirase o prazo de inscrición, gratuíta e con prazas limitadas a 15 participantes por grupo.
Organizado pola Biblioteca-Centro de documentación, é unha actividade concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas na relación entre literatura e a arte nas súas múltiples manifestacións.
INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS a partir do 17 de setembro, ás 9.00
Non se terán en conta as solicitudes recibidas antes desa data e horario.
Exclusivamente a través do correo-e centro.documentacion@marcovigo.com [3]
Indicando: nome, apelidos, teléfono de contacto, grupo/s no/s que lle gustaría participar por orde de preferencia, e se son membros da AAM (no seu caso). Máximo 1 solicitude de alta por correo-e recibido.
Capacidade máxima de 15 participantes por grupo (reserva 20% para membros AAM)
Club de Lectura #BiblioMARCO
TEMPADA 2024-2025
A partir do mes de outubro, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO reinicia as actividades do seu Club de Lectura, con tres novos grupos (dous presenciais e un virtual), cada un limitado a 15 participantes. As sesións terán lugar unha vez ao mes.
Lugar: MARCOTECA (1ª planta) / Zoom na sesion virtual
Horario: de 19.00 a 20.30
Datas:
GRUPO 1 [presencial] = 2º mércores de cada mes
Presentación - 1ª sesión GRUPO 1: mércores, 9 de outubro
GRUPO 2 [presencial] = 2º venres de cada mes
Presentación - 1ª sesión GRUPO 2: venres, 11 de outubro
GRUPO 3 [virtual] = 3º xoves de cada mes
Presentación - 1ª sesión GRUPO 3: xoves, 17 de outubro
O Club #BiblioMARCO é unha actividade gratuíta, concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas nas artes en xeral. Os eixes argumentais das novelas están relacionados coa arte nas súas distintas manifestacións, e cada sesión está acompañada con material de apoio e catálogos que, máis alá da lectura en si, establecen relacións con obras e movementos artísticos, música e cinema, o que converte o club #BiblioMARCO nunha experiencia diferente que axuda a afondar nos contidos da creación contemporánea. A iniciativa xorde na tempada 2019-2020, con varios grupos presenciais, aos que posteriormente se sumou outro virtual, unha modalidade que permite superar limitacións físicas e facilitar o acceso á cultura. O obxectivo é construír un espazo de debate e pensamento crítico en torno aos múltiples temas que aparecen nos libros e achegar, por esta vía, a arte contemporánea a novos públicos. Co tempo, o club #BiblioMARCO foi xerando unha sensación de comunidade que o convirte nun espazo de vinculación intelectual e tamén afectiva.
As sesións compleméntanse con actividades paralelas vencelladas ás lecturas de cada tempada. Entre as máis recentes, a mesa redonda “Disquesomos. Creatividade e edición na Galicia de hoxe”; a proxección do documental “Excluidas del paraíso”; ou a conversa con Marcos Giralt Torrente sobre o seu libro La pintura de un padre; ademais de visitas comentadas ás exposicións do MARCO.
CONSULTA AQUÍ [4] a memoria de LECTURAS e ACTIVIDADES paralelas de anteriores tempadas.
Biblioteca-Centro de Documentación
A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO, situada no 1º andar do Museo, é un servizo con entrada libre para todo tipo de públicos, que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea. O fondo bibliográfico ascende a 8.256 publicacións que abranguen áreas como teoría da arte, filosofía, historia, pedagoxía, museología, movementos artísticos ou coleccións. O corpo principal da Biblioteca son monografías, catálogos de artistas e catálogos colectivos, ademais dunha hemeroteca de revistas especializadas.
HORARIO:
Martes, mércores e xoves: de 11.00 a 14.15 e de 17.00 a 20.00 / Venres, de 11.00 a 14.15 (agás feirados)
Dispoñibilidade de cita previa para persoal investigador, fóra deste horario.
Consultar posibilidades en: centro.documentacion@marcovigo.com [3]
Adxunto | Tamaño |
---|---|
NP_nova tempada Club BiblioMARCO_2024-25_gal.pdf [5] | 455.22 KB |
Enlaces:
[1] https://marcovigo.com/sites/default/files/Club_600x200_0.jpg
[2] https://marcovigo.com/sites/default/files/Club_200x150_4.jpg
[3] mailto:centro.documentacion@marcovigo.com
[4] https://www.marcovigo.com/content/presentaci-n?page=3
[5] https://marcovigo.com/sites/default/files/NP_nova tempada Club BiblioMARCO_2024-25_gal.pdf