rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visitas guiadas con Puri del Palacio e Tino Canicoba

Visitas guiadas con Puri del Palacio e Tino Canicoba

Datas: 
29 outubro 2024
Lugar: 
Espazo Beny (rúa Doutor Cadaval, 27)
Horario: 
17.45

O martes 29 de outubro ás 17.45, convidámosvos a un percorrido por dúas exposicións en Vigo, na compaña dos artistas.

A primeira é a exposición "A mi manera" de Puri del Palacio no Espazo Beny (rúa Doutor Cadaval, 27), onde nos rodearán as pinturas da artista: unha serie de obras que conteñen dende elementos da natureza ata imaxes pictóricas icónicas, ilustrando o realismo máxico e a repetición.

A segunda é a que Tino Canicoba presenta na Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 24 - 26) "Vagón de Cola", onde poderemos contemplar unha serie de esculturas (a maioría pezas de medio e gran formato) realizadas a partir de madeira policromada que representan personaxes marxinais, sobre todo xente maior, tratando así de facer chegar unha mensaxe sobre a sociedade do momento.

Ademais, adiantámosvos que para mediados de novembro estamos organizando unha visita guiada á exposición "SIMULTÁNEA", tamén na Sede Afundación de Vigo. Esperamos que agardedes ata entón para vela en grupo. Proximamente mandaremos un correo coa información correspondente.

+INFO 

https://www.diarioluso-galaico.com/articulo/cultura/puri-palacio-inaugura-exposicion-vigo-rodeada-amigos-artistas-destacados/20241013012104049221.html

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/humor-negro-seres-tino-canicoba-vigo/202410110720291054518.html