Visita á mostra de JORGE BARBI
Dende a AAM queremos facervos partícipes da visita á exposición “Antropomorfos 1981-2023” do artista JORGE BARBI, este sábado 2 de marzo ás 12:00 no Espazo Argonautas 34, rúa dos Argonautas, A Ramallosa (Nigrán).
En canto ao desprazamento é totalmente libre, podendo ir en autobús ou en coche particular; indicar que próximo ao lugar hai un aparcamento gratuíto.
+ INFO LOCALIZACIÓN: https://maps.google.com/?q=42.118832,-8.812423
A mostra, comisariada polo artista e galerista Diego Santomé, reúne obxectos recuperados, fundamentalmente de orixe rural e realizados en forxa, que o artista foi procurando ao longo dun dilatado ámbito temporal e que converte en materia para a creación de figuras antropomorfas. As agora expostas foron realizadas entre 1981 e 2023 e conforman un conxunto de notabilísima coherencia formal e conceptual.