Viaxe cutural: "Ferrol, a gran descoñecida"
Desde a Comisión Xestora facémosvos chegar unha interesante proposta: “Ferrol, a gran descoñecida”, unha viaxe cultural de dous días a Ferrol (30 de abril e 1 de maio), onde visitaremos:
- O barrio da Madalena e a arquitectura modernista de Rodolfo Ucha (https://www.youtube.com/watch?v=xiz9un-pmUo)
- O Porto e o barrio de Ferrol Vello
- O Museo da Construción Naval (Fundación Expona)
- O Castelo de San Felipe
- O miradoiro de Monte Ventoso
- A praia de Doniños
- As pinturas murais e as Meninas de Canido
- O Museo de Historia Natural
- A fragata F-100
A saída é o martes 30 de abril ás 8.00 dende o farol de Urzáiz e a chegada será no mesmo punto o mércores 1 de maio sobre as 21:00.
O custo estimado é de 150€ por persoa, que pode variar dependendo do número de persoas anotadas. Este prezo inclúe:
Autobús ida e volta
Aloxamento con almorzo no Hotel Alda O Suízo
Entradas aos museos
Guías locais
CONFIRMACIÓN E RESERVAS DE PRAZA:
O número de prazas para esta viaxe é limitado, e a efectos organizativos pregámosvos que vos apuntedes antes do venres 19 de abril.
A reserva de praza farase efectiva mediante un pagamento en efectivo de 100€ na taquilla do MARCO, facilitando nome completo e número de DNI. A diferenza entre a reserva e o custo final entregarase no autobús o día de saída.