rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Si recordar fuera olvidar. Irene González

Si recordar fuera olvidar. Irene González

Textos: Miguel Fernández-Cid, Antonio Javier López, Patricia Verdial Garay, Kasumi Yamaki

Data de publicación: 
1 maio 2026
Prezo: 
Edición non venal

No traballo de Irene González (Málaga, 1988), a tensión entre memoria e perda convértese en núcleo xerador. O papel, sempre protagonista, asume na súa obra un cariz escultórico: dóbrase, córtase, superponse, convértese en filtro ou membrana; prégase, en definitiva, entregado ás mans expertas.

Se lembrar fose esquecer é, en esencia, un convite a nos deter, a mirar con calma e a deixarnos habitar pola memoria, a ausencia, e tamén o anhelo. A obra de Irene González recórdanos que a arte non sempre é altofalante: en ocasións fala con murmurios, silencios, anacos que se completan coa nosa propia experiencia.

Cada trazo seu é resistencia fronte á présa, unha maneira de coidar o delicado, de rescatar o que semellaba esvaecido. Os seus debuxos son como fotogramas dunha película íntima, onde o tempo se expande e nos ofrece outra forma de lembrar: lembrar para esquecer, esquecer para seguir lembrando.

Patricia Verdial Garay
Curadora da exposición

Con motivo desta muestra, publicase este catálogo individual con textos de diversos autores,  como Kasumi Yamaki, curadora do Museo de Arte Contemporánea de Toquio, xunto a documentación e imaxes das obras en exposición.