rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Recital "Que a forza nos acompañe"

Recital "Que a forza nos acompañe"

Datas: 
4 maio 2024
Lugar: 
Salón de actos
Horario: 
19.30
Prezo: 
Taquilla inversa

Traémosvos unha das propostas poéticas performáticas máis innovadoras da escena, “Que a forza nos acompañe”, que terá lugar o sábado 4 de maio ás 19.30 no salón de actos do MARCO. Este recital contará coa participación de:

Dende Vigo:

  • Nila Álvarez Pousa: poeta reivindicativa, feminista militante, a súa poesía sempre a favor da muller é un manifesto en contra da violencia de xénero.
  • Silvia Penas: o seu traballo ten como punto de partida a creación de textos, cunha forte vocación de indagar na poesía escénica e outros formatos de poesía efémera, de incorporar a palabra poética ao corpo a través da voz. Ligazón á súa web: https://www.silviapenas.com/.
  • Noelia Gómez: poeta e xornalista, é a voz do dúo que forma xunto ao compositor e guitarrista portugués Rui Grenha.

Dende Mos, Samuel Merino: un creador que desenvolve o seu labor ao redor dunha poética que leva impresa a pegada da súa formación filosófica e tamén a da súa experiencia no terreo das artes escénicas.

Dende Pontevedra, Ana Corzo: artista multidisciplinar, é poeta, pintora, cantante e compositora, actriz e directora de teatro, e coordinadora de recitais de poesía. Ligazón á súa web: https://www.anacorzosanchez.com/.

E por último dende Madrid acompañaranos Acoyani Guzmán: actriz, poeta, dramaturga e xestora cultural. Creadora da Jam Session de poesía Fe de Erratas e coordinadora en Madrid do proxecto poético "Poesía de emerxencia".

Para este espectáculo utilizaremos o método da taquilla inversa. Para quen non o coñeza, é tan sinxelo como pagar á saída a cantidade que cada un crea que vale o espectáculo.