rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
"Psique e creación: as linguaxes da alma". Fundación CorBI

"Psique e creación: as linguaxes da alma". Fundación CorBI

Datas: 
28 outubro 2025
Lugar: 
Salón de Actos MARCO
Horario: 
19.30
Prezo: 
Entrada será libre ata completar capacidade

O martes 28 de outubro ás 19:30, no Salón de Actos do MARCO, convidámosvos a un diálogo moi interesante, "Psique e creación: as linguaxes da alma", da man da Fundación CorBI.

Nesta ocasión, Marta García (psicóloga) e Xosé Poldras (artista plástico) trazarán un diálogo onde a arte e a ciencia atopan un espazo común de resonancia. 

Marta, dende a psicoloxía, explora a forza expresiva do inconsciente nas manifestacións artísticas. Pola súa banda, Poldras ofrece unha mirada que combina filosofía e arte, transformando a imaxe nunha reflexión sobre o ser humano.