rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
PROGRAMA CHEAPCUTS. Cortos documentales sobre identidad

PROGRAMA CHEAPCUTS. Cortos documentales sobre identidad



Resumen da proxección en streaming de tres documentais en versión orixinal con subtítulos en español 

En colaboración con: Mestrado en Tradución Multimedia da Universidade de Vigo

Cheap Cuts Documentary Film Festival propón un programa que inclúe a proxección de tres curtametraxes en versión orixinal con subtítulos en español, seguido dunha sesión de coloquio en inglés coas directoras. O subtitulado ao español é froito dun convenio de colaboración co Mestrado en Tradución Multimedia da Universidade de Vigo.

Cheap Cuts Documentary Film Festival é o único festival de Reino Unido e uns dos poucos festivais a nivel mundial dedicados exclusivamente á promoción da curtametraxe documental. Creado no ano 2015 por Natalia Garay e Vera Hems e formado por un equipo de profesionais do audiovisual de diversas disciplinas e empresas como Dogwoof Distributions, Universal Music Group e Festival Scope entre outras. 

Neste programa teremos a oportunidade de explorar historias diversas de mulleres que loitan por defender a súa identidade. As curtametraxes escollidas son exemplo da grande variedade de perspectivas e estilos que atopamos na curtametraxe documental e foron proxectadas e galardoadas en festivais e mostras internacionais de todo o mundo.

PROGRAMA

For Paradise - Elizabeth Webb - USA, 25 min. V.O.S.E 
Girl Hearted - Anne Scheschonk - Alemaña, 2017, 37 min. V.O.S.E 
Yarl's Wood - Jade Jackman, UK. 4 min. V.O.S.E