rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
A PROFUNDIDADE ESENCIAL DA TERRA. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta

A PROFUNDIDADE ESENCIAL DA TERRA. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta

Textos: Carlos L. Bernárdez, Ramón Palencia del Burgo

Data de publicación: 
27 novembro 2024
ISBN: 
978-84-18755-23-9
Prezo: 
18€

Publicación dispoñible para compra na tenda-libraría LASAL BOOKS (vestíbulo do MARCO) o a través da web  www.lasalbooks.com

A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta
Textos: Carlos L. Bernárdez, Ramón Palencia del Burgo
2024, 144 p.; fot. Cor
Idiomas: Galego / Castelán

O impacto do movemento surrealista na obra de Benjamín Palencia e Manuel Colmeiro na década dos trinta –cerna deste proxecto expositivo– é de ben diferente intensidade; porén, ambos partillan, como pano de fondo, semellanzas formais que están no contexto do influxo do surrealismo internacional.

Co gallo desta mostra, o MARCO editou unha publicación que completa a proposta expositiva a través de textos, documentación e imaxes das obras.