MARCO Extramuros Roteiro Bouzas / Sábado 6 de abril ás 11.00
Este sábado 6 de abril ás 11.00, levarase a cabo a segunda parte do percorrido “Roteiro pola beiramar de Bouzas. Do peirao ao Museo do Mar”, guiado por Puri Pérez Leirós e Elena de Frutos Martínez, autoras do libro “Bouzas olladas salgadas”.
CONFIRMACIÓN E RESERVAS DE PRAZA:
É importante sinalar que se dará prioridade ás persoas que realizaron a primeira parte do percorrido, e que o límite de prazas é de 25.
A efectos organizativos, pregámosvos que vos apuntedes o antes posible enviando un mail a recepcion@marcovigo.com, indicando nome e apelidos.
Anunciámosvos tamén que, debido ao gran éxito do roteiro e o número de persoas que non puido asistir por exceso de capacidade, Puri ofreceuse a repetilo a finais deste mes, probablemente o sábado 27 de abril (pendente de confirmación cando se achegue a data).