rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
MARCO Extramuros: Roteiro Bouzas / Sábado 27 de abril ás 10.30

MARCO Extramuros: Roteiro Bouzas / Sábado 27 de abril ás 10.30

Datas: 
27 abril 2024
Lugar: 
Liceo Marítimo de Bouzas
Horario: 
10:30

Debido ao seu gran éxito e ao noso afán de coñecer mellor a nosa contorna, voltamos de novo a Bouzas, cun percorrido moi especial “Roteiro pola beiramar de Bouzas. Do peirao ao Museo do Mar”, guiado por Puri Pérez Leirós e Elena de Frutos Martínez, autoras do libro “Bouzas olladas salgadas”.

O punto de encontro será o Liceo Marítimo de Bouzas, o sábado 27 de abril ás 10.30, e o percorrido terá unha duración de dúas horas e media.

Bouzas, como outras vilas do litoral galego, non se pode entender sen o seu vencellamento ao mar. “Somos mar”, como di Xosé Manuel Souto falando de Vigo, e esta estreita relación dará lugar a un aproveitamento do mesmo que chega ata os nosos días en forma de diversas infraestruturas e usos que foron variando co tempo. Nesta ocasión veremos que elementos materiais e inmaterias quedan e definen este casco histórico de orixe mariñeira, así como á súa evolución actual.

CONFIRMACIÓN E RESERVAS DE PRAZA:

O límite de prazas para a visita guiada é de 25 persoas.

A efectos organizativos, pregámosvos que, por favor, vos apuntedes o antes posible enviando un mail a recepcion@marcovigo.com, sinalando o voso nome e apelidos.