rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Laía Argüelles Folch. Todavía siempre

Laía Argüelles Folch. Todavía siempre

Textos: Laía Argüelles Folch, Miguel Fernández-Cid, Laura González Palacios, Quim Pujol

Data de publicación: 
21 outubro 2024
ISBN: 
978-84-18775-22-2
Prezo: 
18€

Publicación dispoñible para compra na tenda-libraría LASAL BOOKS (vestíbulo do MARCO) o a través da web  www.lasalbooks.com

192 p.; fot. cor 
Idioma: galego, castelán, inglés 

Todavía siempre [Aínda sempre] reúne unha selección de obras dos últimos dez anos nos que Laía Argüelles Folch(Zaragoza, 1986) ten desenvolvido a súa metodoloxía de pensamento e composición, a partir da investigación e o traballo con materiais atopados en rastros, tendas de coleccionismo e librarías de vello de diversos países. Interesada no potencial das imaxes e a linguaxe como xeito de relación co mundo, a artista aborda aquí nocións como a materialidade, a colección e a repetición, mediante exercicios de montaxe, pregamento e despregamento. As obras materializan este interese pola natureza das imaxes e a súa capacidade de propor futuros posibles, á vez que apuntan á construción de significados non unívocos nin definitorios, senón abertos, móbiles, sensibles.

Esta exposición achégase á imaxe entendida como presenza en lugar de como representación, á traducibilidade entre imaxe e corpo ou ás (im)posibilidades de identificación. Mediante unha procura de imaxes asociada á busca de sentido, Todavía siempre afonda no uso da imaxinación como ferramenta para crear coñecemento e enriquecer a nosa capacidade de concibir o real.
Laura González Palacios, comisaria da exposición