FUTURE ART+IA. Fundación CorBI
Para comezar ben este novo ano, o próximo martes 14 de xaneiro ás 19.00, no salón de actos do MARCO, convidámosvos a unha nova xornada da man da Fundación CorBI.
Nesta ocasión, Alba Meijide (licenciada en Intelixencia Artificial por The University of Manchester e consultora independente de IA & PM) será a relatora nesta charla divulgativa, onde exploraremos o mundo da Intelixencia Artificial (IA), procurando desmitificar e afastarnos dos clixés de ciencia ficción, e adentrarnos no seu auténtico potencial.
A charla comezará polo básico, entendendo que é a IA e como funciona. descubrindo a súa historia, e explorando os avances mais recentes. Logo, mergullarémonos nas aplicacións prácticas destes sistemas de IA, dende un enfoque relacionado cos sectores artísticos e creativos.
A entrada será libre ata completar capacidade.