rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
ALFREDO ALCAIN. 1965-2021

ALFREDO ALCAIN. 1965-2021

Texto: Miguel Fernández-Cid

Data de publicación: 
30 outubro 2024
ISBN: 
978-84-18775-16-1
Prezo: 
25€

Publicación dispoñible para compra na tenda-libraría LASAL BOOKS (vestíbulo do MARCO) o a través da web  www.lasalbooks.com

PUBLICACIÓN

Alfredo Alcain 1965-2021
Textos: Miguel Fernández-Cid,
Edición bilingüe: Galego / Español
232 páxinas, 21 x 27 cm. Tapa branda

EXPOSICIÓN


Alfredo Alcain 1965-2021
Salas frontais e Galería B3, 1º andar
28 xaneiro – 28 agosto 2022
Comisariado: Miguel Fernández-Cid
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

A individual de Alfredo Alcain (Madrid, 1936) no MARCO reunía máis de oitenta obras dende 1965 ata 2021, entre pinturas, debuxos, e esculturas. Máis que unha retrospectiva, formulouse como un intento de valorar un artista cun camiño moi persoal, un percorrido incuestionable dentro da historia da arte en España, e un grande recoñecemento por parte da crítica e artistas de diferentes xeracións –mesmo as máis novas–, fronte a unha presenza institucional menor da que debería.

A partir dunha selección de obras que ían sinalando distintas etapas do seu traballo, dende os anos sesenta ata a actualidade, a montaxe articulábase como un itinerario circular polas salas frontais do primeiro andar, sacando partido da estrutura e amplitude dos espazos.