YANNICK BELLON. Filmografía completa
Ficha
Coa Colaboración da: Deputación de Pontevedra
Autor do libro: Éric Le Roy
Coordinación no MARCO: Patricia Verdial Garay
Entrada de balde / V.O.S.E.
Presentación: sábado, 22 abril ás 19.00
Coa participación de:
- Eric Le Roy, autor do libro Yannick Bellon. La mirada de frente
- Luisa Etxenike, escritora e tradutora da publicación
Proxección: Quelque part quelqu’un (dur. 98’ VOSE).
Posibilidade de proxeccións “á carta” para grupos de estudiantes a partir de 16 anos, asociacións, colectivos e grupos con necesidades específicas.
Reservas en comunicacion@marcovigo.com
+ INFO sobre programa/calendario proxeccións e horarios: ver arquivo en Descarga.
De familia comprometida coas ideas progresistas e o mundo da cultura, Yannick Bellon (Biarritz 1924 - París 2019) dáse a coñecer cando a súa curtametraxe Goémons (1948) obtén o Gran Premio da Bienal de Venecia. 70 anos despois, pecha a súa filmografía con D’où vient cet air lointain?
Entre ambas as dúas, unha secuencia de marabillosas historias e reflexións, sempre vencelladas a unha mirada comprometida coa súa época e coa súa condición de muller: unha arquitecta que axuda a un aprendiz de novelista a apartarse do alcohol (Quelque part quelqu’un, 1972); un filme clave no pensamento feminista sobre unha muller que reivindica o seu espazo propio (A femme de Jean, 1974); a memoria a través dos obxectos en poxa dunha actriz (Jamais plus toujours, 1976); a violación (L’amour violé, 1978); a felicidade truncada por un cancro de mama (L’amour nu, 1981); a bisexualidade (La triche, 1984); as drogas e a prostitución (Les enfants du désordre, 1989); a defensa da natureza fronte á caza (L’affût, 1992); unha sorte de autorretrato que o é dunha época intensa: o ámbito surrealista, a Guerra Civil española, a II Guerra Mundial, a vida paralela do cinema… (D’où vient cet air lointain?, 2018).
Coa Colaboración da: Deputación de Pontevedra
Autor do libro: Éric Le Roy
Coordinación no MARCO: Patricia Verdial Garay
Entrada de balde / V.O.S.E.