rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita poética conducida por Tamara Andrés

Visita poética conducida por Tamara Andrés

Datas: 
25 abril 2026
Horario: 
12:00
Lugar: 
salas exposición “Un país ilustrado” (MARCO, Galería B3, 1º andar)

Continúan as actividades complementarias da exposición
UN PAÍS ILUSTRADO. As cubertas de Galaxia

Tras a boa acollida dos Roteiros Rosalía conducidos por Xurxo Martínez, e a visita guiada por Xosé Manuel Soutullo, a partir da segunda quincena de abril continúan as actividades complementarias da exposición “Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia” abertas ao público en xeral ata completar capacidade.

PRAZAS LIMITADAS (30 persoas por actividade)
Reservas de praza enviando un email a recepcion@marcovigo.com indicando nome+apelidos

Do sulco ao mar: as primeiras poetas de Galaxia
Visita poética conducida por Tamara Andrés

Sábado 25 de abril ás 12.00

En datas próximas ao 23 de abril, celebramos o Día do Libro cunha visita poética conducida por Tamara Andrés, directora da Colección Dombate de Editorial Galaxia. Nesta ocasión faremos un percorrido polas primeiras voces de mulleres poetas que, na segunda metade do século XX, lograron integrar a súa voz en diferentes coleccións de Galaxia. Referiremos algúns datos biográficos, revelaremos a historia desas publicacións e compartiremos tamén algúns poemas.

Exposición UN PAÍS ILUSTRADO. As cubertas de Galaxia
30 xaneiro – 17 maio 2026
MARCO, Galería e sala perimetral B1 (1º andar)
Comisariado: Xurxo Martínez González
Deseño e coordinación editorial: Hayat Husein
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, en colaboración con Editorial Galaxia e Fundación Penzol

Un proxecto expositivo que pon o foco no protagonismo e relevancia dos deseñadores que traballaron na Editorial Galaxia ao longo dos seus 75 anos de historia. O propósito é traer ao primeiro plano o labor de deseño e imaxe da editorial a través dunha selección das cubertas de Galaxia, organizadas segundo criterios cronolóxicos e temáticos. Tras unha especial mención á figura de Xaime Isla Couto, polo seu descoñecido papel no deseño de Galaxia, a montaxe organízase en catro seccións coincidentes coas etapas á fronte do deseño editorial de Xohán Ledo (1950 -1979), Francisco Mantecón (1979 -1985), Manuel Janeiro (1979 -2010) e Hayat Husein (de 2010 ata o presente).

Fotografía: © Paula Andrés [Recorte]