rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita Guiada VARCO 2025 por Eva Tarrío

Visita Guiada VARCO 2025 por Eva Tarrío

Datas: 
30 novembro 2025
Lugar: 
Auditorio Mar de Vigo
Horario: 
11.00


Con motivo da inauguración de VARCO 2025 (Vigo Arte Contemporánea) no Auditorio Mar de Vigo, convidámosvos o próximo domingo 30 de novembro ás 11:00 (antes da sesión vermú), a unha visita guiada na compaña da comisaria e artista Eva Tarrío.

Ao longo da visita, descubriremos unha amplía mostra de arte actual, onde conflúen as traxectorias de 30 artistas de Galicia e do norte de Portugal. Esta é unha oportunidade única, na que cada artista estará dispoñible para compartir o seu proceso creativo  e a súa procura persoal a través da arte.

CONFIRMACIÓN E RESERVAS:

A visita guiada é gratuíta e o aforo máximo é de 30 persoas. 
As persoas interesadas deben enviar un email a agrupacion.amiga@marcovigo.com indicando nome e apelidos.

+INFO 
https://auditoriomardevigo.com/varco-2025-ii-encuentro-artistico/