
Visita guiada UN PAÍS ILUSTRADO. AS CUBERTAS DE GALAXIA
Inaugúrase a primeira exposición do ano no MARCO: “UN PAÍS ILUSTRADO. As cubertas de Galaxia”
Con este motivo, convidámosvos a unha visita guiada na compaña do comisario da mostra, Xurxo Martínez, este venres 30 de xaneiro ás 19.00, na Galería B3 (1º andar).
Este proxecto expositivo pon o foco no protagonismo e relevancia dos deseñadores que traballaron na Editorial Galaxia ao longo dos seus 75 anos de historia. O propósito é traer ao primeiro plano o labor de deseño e imaxe da editorial a través dunha mostra das cubertas de Galaxia, organizadas segundo criterios cronolóxicos e temáticos.
A mostra comeza cunha contextualización da Editorial Galaxia como proxecto, con especial atención á figura de Xaime Isla Couto, e organízase en catro seccións coincidentes coas etapas á fronte do deseño editorial de Xohán Ledo (1950-1970), Francisco Mantecón (1979-1985), Manuel Janeiro (1979-2010) e Hayat Husein (de 2010 ata a actualidade).
+INFO https://www.marcovigo.com/content/un-pa-s-ilustrado-cubertas-de-galaxia