rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita guiada "Seis cabezas", Fundación Laxeiro

Visita guiada "Seis cabezas", Fundación Laxeiro

Datas: 
22 abril 2025
Lugar: 
Fundación Laxeiro (Rúa Policarpo Sanz, 15)
Horario: 
18.00

O próximo martes 22 de abril ás 18.00 temos programada unha visita pola exposición "Seis cabezas" na Fundación Laxeiro (Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo), na compaña do artista Alejandro Fuertes, e Javier Buján, director da Fundación Laxeiro e comisario da mostra.

Alejandro Fuertes, (Avilés, 1997), é graduado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, cun máster en Estudos Avanzados na Produción e Prácticas Artísticas pola Universidade de Salamanca. Actualmente vive e traballa en Pontevedra, onde desenvolve a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo sobre “O refugallo sólido urbano como materia para a arte”. O seu traballo arrinca dunha pulsión por intervir no espazo público como un xesto visceral de afirmación da individualidade, mediante a introdución dun caos estético que busca provocar ou molestar mediante a suciedade.

"Seis cabezas" é un proxecto presentado anteriormente no Espazo Arte CTJV, en Monção, Portugal, e que agora se mostra na Fundación Laxeiro, comisariado por Javier Pérez Bujan, o director artístico de Fuertes.  Nestas obras, realizadas a partir de ensamblaxes de refugallos, materialízase o que el denomina como a estética da devastación. Afonda no uso deses desperdicios urbanos como materiais para a creación, explorando as súas posibilidades expresivas e o seu potencial para xerar novos discursos visuais.

+INFO
https://laxeiro.org/es/seis-cabezas-de-alejandro-fuertes/ 

O noso punto de encontro será na entrada da Fundación Laxeiro (Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo) ás 17.50.