rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita guiada ÉRGUETE. A PEGADA DAS NAIS. / Venres 28 de febreiro 18.00

Visita guiada ÉRGUETE. A PEGADA DAS NAIS. / Venres 28 de febreiro 18.00

Datas: 
28 febreiro 2025
Lugar: 
Galería e sala perimetral B1 (1º andar)
Horario: 
18:00

Con motivo da inauguración da exposición ÉRGUETE. A PEGADA DAS NAIS. Un berro que cambiou a sociedade, convidámosvos a unha visita guiada na compaña das comisarias, Violeta Janeiro Alfageme e Mariña Carrasco Rivas, o venres 28 de febreiro ás 18.00, na Galería e sala perimetral B1 (1º andar).

Este ano 2025 sinala o 40º Aniversario da Asociación Érguete (1985), que naceu da man dun grupo de nais que saíron á rúa, se formaron, sinalaron aos narcotraficantes, gañaron dereitos para as persoas con problemas de adiccións e abriron camiño a unha sociedade que, moi pouco a pouco, foi actuando sobre o problema.  Xunto a unha selección de materiais gráficos, obxectos e documentación procedentes do arquivo e hemeroteca da Asociación Érguete, a mostra inclúe obras de artistas contemporáneas –as fotografías de Anna Turbau; as instalacións de Javier Codesal e de Maribel Domènech; a serie sobre a SIDA de Jana Leo; a pintura de de Bea Rey e as serigrafías de Elvira Martínez; os vídeos de Cecilia Barriga e de Eugenia Balcells; os dípticos de Ana Vieira; a performance de Alejandra Pombo Su; ou as pezas de nova produción de Paula Santomé– que dan forma a un contexto político e social dende unha diversidade de linguaxes e soportes.

+INFO https://www.marcovigo.com/content/rguete-pegada-das-nais-un-berro-que-cambiou-sociedade