
Visita guiada "Refugallo Paintings" de Almudena Fernández Fariña
O próximo martes 16 de decembro ás 18:30, propoñémosvos unha visita guiada pola exposición "Refugallo Paintings" de Almudena Fernández Fariña en SVT ESPACIO DE ARTE (Gran Vía, 129), na compaña da artista.
"Refugallo Paintings" de Almudena Fernández Fariña explora a relación entre a pintura e a súa moldura, presentando obras creadas a partir de restos e materiais sobrantes do proceso pictórico, que se converten en protagonistas desta exposición.
CONFIRMACIÓN E RESERVAS:
A visita guiada é gratuíta e o aforo máximo é de 30 persoas.
As persoas interesadas deben enviar un email a agrupacion.amiga@marcovigo.com indicando nome e apelidos.