
Visita guiada inauguración IRENE GONZÁLEZ. "Se lembrar fose esquecer"
Con motivo da inauguración da exposición de IRENE GONZÁLEZ, "se lembrar fose esquecer" na Galería e sala perimetral B1 (1º andar), convidámosvos a unha visita guiada, o vindeiro venres 3 de outubro ás 19.00, na compaña da artista, da comisaria, Patricia Verdial, e do director do MARCO, Miguel Fernández-Cid.
No traballo de Irene González (Málaga, 1988), a tensión entre memoria e perda convértese en núcleo xerador. O papel, sempre protagonista, asume na súa obra un cariz escultórico: dóbrase, córtase, superponse, convértese en filtro ou membrana; prégase, en definitiva, entregado ás mans expertas. Se lembrar fose esquecer é, en esencia, un convite a nos deter, a mirar con calma e a deixarnos habitar pola memoria, a ausencia, e tamén o anhelo.
+INFO https://www.marcovigo.com/content/irene-gonz-lez-se-lembrar-fose-esquecer