rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita guiada GENERACIÓN 2025

Visita guiada GENERACIÓN 2025

Datas: 
6 xuño 2025
Lugar: 
Planta baixa
Horario: 
19.00

Con motivo da inauguración da exposición GENERACIÓN 2025 nas salas da planta baixa, convidámosvos a unha visita guiada, este venres 6 de xuño ás 19.00, na compaña dalgunhas das artistas participantes e do director do MARCO, Miguel Fernández-Cid.

Coincidindo co 25º aniversario de #GENERACIONES, o gran proxecto de Fundación Montemadrid / La Casa Encendida sobre a creación artística máis recente, o MARCO desprega nos seus patios e galerías da planta baixa as obras dos 8 artistas seleccionados na edición 2025 --Álvaro Chior, Noela Covelo Velasco, Tana Garrido Ruiz, Marina González Guerreiro, Isabel Merchante, Mar Reykjavik, Elián Stolarsky e Javier Velázquez Cabrero-- que se exhibiron en La Casa Encendida entre os meses de xaneiro e abril, e que con esta nova montaxe no MARCO adquiren novas lecturas e perspectivas.

Futuros desexables, a IA como produtora de ficción, o interese pola voz e a oralidade, ou o estudo e investigación sobre a memoria, son algúns dos temas de fondo que se fan presentes nesta mostra colectiva. O xurado desta edición 2025 do proxecto Generaciones estivo integrado por Ericka Flórez, artista, editora e comisaria colombiana; Bruno Leitão, comisario e investigador portugués; e Claudia Segura, responsable da Colección MACBA, Barcelona.

+INFO  https://www.lacasaencendida.es/exposiciones/generacion-2025