rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita guiada Exposición "Non fun" de Pilar Alonso

Visita guiada Exposición "Non fun" de Pilar Alonso

Datas: 
3 xullo 2025
Lugar: 
Casa das Artes 


xoves 3 de xullo ás 19.30, propoñémosvos unha visita guiada pola exposición de Pilar Alonso naCasa das Artes(Rúa de Policarpo Sanz, 15), na compaña da artista.

A súa exposición "Non fun", representa un mundo de identidades múltiples, de exhibición e ocultación, xogando co espazo do edificio, non como un simple contedor, senón como parte esencial dun mecanismo escópico dende o que observar e ao mesmo tempo ser observada, dende a consciencia de que é preciso o mirar de outro/outra para conformar a identidade e a existencia.