rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita guiada Espazo SVT

Visita guiada Espazo SVT

Datas: 
10 decembro 2024
Lugar: 
Espazo SVT
Horario: 
19.00

Este martes 10 de decembro ás 19.00 temos a sorte de contar cunha visita guiada polas exposicións de Alberto Ardid e Poul Kjærholm, coa presenza do propio Alberto Ardid, ademais do comisario Angel Cerviño e Nacho Sirvent.

O Espazo SVT (Sirvent. Gran Vía 129, 36204 Vigo) acolle as dúas fantásticas mostras que visitaremos: "Cuidado com o Cão" de Alberto Ardid, que dispara con ironía contra o espazo pechado da arte, introducindo nas obras aspectos visuais de finxidas extratexias comerciais: acabado industrial, a ocultación da man do artista... Unhas manchas penduradas que, non obstante, tamén nos falan de pintura, do proceso de construcción e desmontaxe da obra pictórica.

No lado de Sirvent Mobiliario temos a primeira exposición en España de Poul Kjærholm, un dos grandes mestres do deseño danés. 21 pezas de mobiliario deseñadas por Poul Kjærholm e fabricadas por Fritz Hansen que amosan a elegancia minimalista, a precisión funcional e a inquebrantable dedicación aos materiais que definen o traballo deste deseñador.

Agardámovos no mesmo espazo SVT ás 19.00. Como apuntamento, SVT conta cun estacionamento propio no edificio.

+INFO: https://www.atlantico.net/articulo/vigo/eterna-cuestion-rol-arte-llega-espacio-svt/202411282131331061430.html