rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita guiada EMAO / Martes 18 ás 11.00

Visita guiada EMAO / Martes 18 ás 11.00

Datas: 
18 febreiro 2025


O próximo martes 18 ás 11.00 temos unha cita na entrada principal da EMAO Escola Municipal de Artes e Oficios (rúa García Barbón, 5), para unha visita guiada por algúns dos seus espazos.

Moverémonos específicamente por tres ámbitos: a Biblioteca, e os Obradoiros de pintura e de Zanfona (construción de instrumentos musicais tradicionais galegos). Coñeceremos máis sobre a historia da biblioteca, observaremos como se desenvolven as clases e o traballo do profesorado e do alumnado. Achegarémonos así a este edificio tan emblemático da cidade, que contén non só vida e memoria, senón un ambiente creativo e social que fai da EMAO un lugar que paga a pena coñecer máis a fondo.