
Visita á exposición na compaña de Marcos Calveiro
Continúan as actividades complementarias da exposición
UN PAÍS ILUSTRADO. As cubertas de Galaxia
Tras a boa acollida dos Roteiros Rosalía conducidos por Xurxo Martínez, e a visita guiada por Xosé Manuel Soutullo, a partir da segunda quincena de abril continúan as actividades complementarias da exposición “Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia” abertas ao público en xeral ata completar capacidade.
PRAZAS LIMITADAS ata completar capacidade (30 persoas por actividade)
Reservas de praza enviando un email a recepcion@marcovigo.com indicando nome+apelidos
Visita á exposición na compaña de Marcos Calveiro
Martes 5 de maio ás 19.00
O martes 5 de mario, Marcos Calveiro, director de Edicións de Galaxia, cunha visita na que falaremos de criterios editoriais, e afondaremos no coñecemento da Editorial Galaxia como proxecto, dende as motivacións dos seus fundadores ata os novos horizontes do actual equipo.
Exposición UN PAÍS ILUSTRADO. As cubertas de Galaxia
30 xaneiro – 17 maio 2026
MARCO, Galería e sala perimetral B1 (1º andar)
Comisariado: Xurxo Martínez González
Deseño e coordinación editorial: Hayat Husein
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, en colaboración con Editorial Galaxia e Fundación Penzol
Un proxecto expositivo que pon o foco no protagonismo e relevancia dos deseñadores que traballaron na Editorial Galaxia ao longo dos seus 75 anos de historia. O propósito é traer ao primeiro plano o labor de deseño e imaxe da editorial a través dunha selección das cubertas de Galaxia, organizadas segundo criterios cronolóxicos e temáticos. Tras unha especial mención á figura de Xaime Isla Couto, polo seu descoñecido papel no deseño de Galaxia, a montaxe organízase en catro seccións coincidentes coas etapas á fronte do deseño editorial de Xohán Ledo (1950 -1979), Francisco Mantecón (1979 -1985), Manuel Janeiro (1979 -2010) e Hayat Husein (de 2010 ata o presente).
Fotografía: © Anxo Cabada [Recorte]