rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Viaxe a Santo Tirso

Viaxe a Santo Tirso

Datas: 
11 xuño 2025


Coa chegada do bo tempo, dende a Comisión Xestora propoñémosvos unha saída para comezar ben a época do verán, a Santo Tirso, Portugal, o mércores 11 de xuño, con regreso o mesmo día. Entre outras cousas visitaremos:

O Museo Internacional de Escultura Contemporánea, onde faremos unha visita guiada combinada entre as esculturas e a cidade.

A antiga Fábrica Téxtil de Santo Tirso, actualmente convertida nun espazo multifuncional, cultural e creativo.

Unha parada en Viana do Castelo de regreso a Vigo

A saída é o mércores 11 de xuño ás 9.00 dende a farola de Urzáiz, e a chegada será o mesmo día e no mesmo punto sobre as 21.00. O custo aproximado será de 35€ por persoa, que pode variar en función do número de persoas anotadas (devolverase a diferencia no caso de que se pase o presuposto) . Este prezo inclúe só autobús de ida e volta (comida non incluida).

CONFIRMACIÓN E RESERVAS DE PRAZA

O límite de prazas para esta viaxe é de 30 persoas. O prazo límite para apuntarse será este venres 6 de xuño ata as 14.30, e a reserva farase efectiva mediante pagamento en efectivo de 35€ na taquilla do MARCO.

Nesta ocasión é posible que se anote xente allea á Agrupación Amiga, sempre e cando non se cubran as prazas con membros da Agrupación, que terán prioridade nas reservas.