rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Viaxe a Portugal (Serralves e Casa da Arquitectura)

Viaxe a Portugal (Serralves e Casa da Arquitectura)

Datas: 
22 novembro 2025

Dende a Comisión Xestora propoñémosvos unha saída a Portugal para visitar a Fundação Serralves e a Casa da Arquitectura en Matosinhos, o sábado 22 de novembro, con regreso o mesmo día. 

Este sería o programa previsto:

Fundação Serralves

  • Exposición Maurizio Cattelan

A exposición "Sussurro" de Maurizio Cattelan combina obras que reflicten humor, provocación e crítica social. O percorrido inclúe esculturas distribuídas polo Parque de Serralves, creando un diálogo único entre arte e espazo. Unha inmersión na arte contemporánea que divirte e fai reflexionar ao mesmo tempo.

Máis información:

https://cdn.bndlyr.com/nsa343pdfl/_assets/2507_roteiro_cattelan_site.pdf

https://www.youtube.com/watch?v=vQYJ0Naiit0

  • Exposición Alvar Aalto

Visitaremos a exposición dedicada a Alvar Aalto (1898-1976), un dos grandes referentes da arquitectura moderna. A mostra inclúe proxectos icónicos como Villa Mairea, Baker House (MIT) e Sanatorio en Paimio, nomeado como Patrimonio Mundial pola UNESCO. Unha oportunidade única para descubrir como Alvar Aalto transformou a arquitectura e o deseño do século XX.

Máis información: 

https://cdn.bndlyr.com/nsa343pdfl/_assets/2507_roteiro_aalto_site4.pdf

https://www.youtube.com/watch?v=MDQChnilYzw

Casa da Arquitectura

  • Exposición Kengo Kuma

Na Casa da Arquitectura descubriremos unha das exposicións máis agardadas: "Kengo Kuma: Onomatopeia", dedicada ao célebre arquitecto xaponés. A mostra reúne maquetas, fotografías, debuxos e instalacións que revelan o universo sensorial e poético dun dos grandes nomes da arquitectura contemporánea. Unha gran oportunidade para gozar da arte e da arquitectura xaponesa nunha contorna excepcional.

Máis información: 

https://kkaa.co.jp/en/project/kengo-kuma-onomatopoeia-architecture-at-athens/

https://www.youtube.com/watch?v=XQuL2do8Upk

CONFIRMACIÓN E RESERVAS DE PRAZA:

O máximo de prazas é de 30 persoas. 

As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a recepcion@marcovigo.com

O prezo inicial estimado é de 65 euros (visitas guiadas + bus), aínda que este importe poderá axustarse segundo o número de participantes. 

Por iso, rogamos que se inscriban antes do venres 14 de novembro.

En canto dispoñamos de máis detalles sobre a organización e os costes definitivos, comunicarémovolo.

PUNTOS IMPORTANTES:

  • Cada persoa pode anotarse a si mesma y, como máximo, a un acompañante.
  • Terán prioridade:

1º As persoas socias

2º Socias con acompañantes

3º Non socias

  • CANCELACIÓNS: para ter dereito á devolución do importe, será preciso cancelar con 72 horas de antelación á saída.
  • É posible a anulación inmediata en caso de urxencia médica, presentando o xustificante correspondente.