
Viaxe a A Coruña
O xoves 29 de xaneiro propoñémosvos unha viaxe a A Coruña, onde realizaremos visitas guiadas polas seguintes exposicións:
Fundación Luis Seoane
Guillermo Monroy. Aquí e agora. Unha das figuras fundamentais para comprender a evolución da pintura do século XX en Galicia e, por extensión, en España.
+ INFO https://fundacionluisseoane.gal/es/exposiciones/guillermo-monroy-aqui-e-agora/
Fundación MOP
Annie Leibovitz. Wonderland. O deslumbrante universo fotográfico de Leibovitz en toda a súa amplitude.
+INFO https://themopfoundation.org/es/exhibitions/annie-leibovitz
Casa Museo Picasso
Un espazo dedicado a dar a coñecer a vida e a obra de Pablo Picasso durante a etapa da súa infancia na que viviu na Coruña e iniciou a súa formación artística.
+INFO https://www.coruna.gal/descarga/1453841934090/Picasso-gallego.pdf
Espazo StoLat
Visita ao obradoiro da artista Gosia Trebacz, e recital de poesía ás 17.30 (opcional).
CONFIRMACIÓN E RESERVAS
As persoas interesadas deben enviar un email a agrupacion.amiga@marcovigo.com indicando nome e apelidos.
As visitas guiadas son de balde e a capacidade máxima é de 25 persoas.
IMPORTANTE
- O desprazamento á Coruña e os taxis para moverse entre os museos correrán por conta de cada persoa.
- Se optades por viaxar en tren, unha vez confirmada a reserva de praza, recomendamos que collades os billetes o antes posible. A opción que recomendamos é o tren das 08.00 (saída dende Vialia) con chegada á Coruña ás 09.29, xa que a primeira visita guiada é ás 10.00.
- A viaxe de regreso quedará a criterio de cada persoa, adaptándose á opción que lle resulte máis conveniente.