
TALLERES NADAL 2025. Programación especial 25º Aniversario ProxectoTERRA
Cara ás semanas máis próximas a Nadal, e continuando coas actividades do ProxectoTerra no MARCO, o sábado 13 de decembro comeza unha serie de obradoiros dirixidos a público infantil e familiar.
LABORATORIOS DE NADAL “ARGALLAR”
Obradoiros para familias
Obradoiros para público infantil
Conducidos por Cristina González Larriba, en colaboración con Maria Xosé Martínez (Didáctica MARCO)
Datas: do 13 ao 31 de decembro de 2025
Horario: de 11.30 a 13.30
Gratuíto. Prazas limitadas ata completar aforo en cada sesión
Previa inscrición en taquilla MARCO Tel. 986 113900 Ext. 200 / recepcion@marcovigo.com
Un programa especial de obradoiros que teñen como obxectivo afondar na arquitectura e a paisaxe urbana, a través de diferentes linguaxes artísticas, dende un enfoque pedagóxico lúdico e creativo. Achegámonos á historia do edificio do MARCO, explorando os seus espazos e as súas características singulares. Favorecemos un diálogo entre procesos creativos por medio de conexións formais e conceptuais que nos permitan experimentar a arquitectura dende unha perspectiva contemporánea.
Obradoiros para FAMILIAS
Participantes a partir de 4 anos, acompañados de personas adultas
4 sesións: sábado 13, sábado 20, venres 26 e sábado 27 de decembro
Obradoiros para público INFANTIL
Participantes a partir de 4 anos [variable según sesións, consultar programa]
4 sesións: martes 23 e 30; mércores 24 e 31 de decembro
Gratuíto. Prazas limitadas ata completar capacidade en cada sesión
Previa inscrición en taquilla MARCO
Tel. 986 113900 Ext. 200 / Correo-e: recepcion@marcovigo.com
PROGRAMA / CALENDARIO SESIÓNS
Laboratorios para FAMILIAS
SÁBADO 13 decembro
“Viaxar no tempo a través da liña”
Participantes a partir de 4 anos, acompañados de persoas adultas
Intervención nun dos patios do museo para coñecer as antigas funcións do edificio, e elaboración dun plano colectivo a gran escala.
SÁBADO 20 decembro
“Un museo do revés”
Participantes a partir de 5 anos, acompañados de persoas adultas
Un paseo polo museo para activar a mirada e descubrir a arquitectura do edificio conquistando novos puntos de vista.
VENRES 26 decembro
“Utopías urbanas”
Participantes a partir de 4 anos, acompañados de persoas adultas
Creación dunha instalación colectiva en movemento para dar a coñecer a estrutura panóptica do edificio.
SÁBADO 27 decembro
“As cidades invisibles”
Participantes a partir de 4 anos, acompañados de persoas adultas
A través do relato de Italo Calvino, xeraremos un espazo de creación con diferentes materiais e dispositivos, onde experimentaremos con materiais intanxibles como a luz e a sombra.
PROGRAMA / CALENDARIO SESIÓNS
Laboratorios para PÚBLICO INFANTIL
MARTES 23 decembro
“Un museo do revés”
Participantes a partir de 5 anos
Un paseo polo museo para descubrir a arquitectura do edificio e conquistar novos puntos de vista.
MÉRCORES 24 decembro
“Punto, círculo, liña”
Participantes a partir de 4 anos
Creación dunha instalación colectiva en movemento para dar a coñecer a estrutura panóptica do edificio.
MARTES 30 decembro
“Xouba City”
Participantes a partir de 4 anos
Creación e construción dun skyline.
MÉRCORES 31 decembro
“Paisaxe de luz”
Participantes a partir de 4 anos
Espazo de creación a través de diferentes propostas de luz e sombra onde xogaremos coa composición e deseño dunha paisaxe.