rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
ROTEIRO POR "BARRIO RIBADAVIA" (VIGO)

ROTEIRO POR "BARRIO RIBADAVIA" (VIGO)

Datas: 
30 maio 2026

O sábado 30 de maio, ás 11:00 da mañá, propoñémosvos un roteiro centrado no Barrio de Ribadavia en Vigo, unha oportunidade única para coñecer máis de preto o proxecto veciñal "Arte nas fiestras".

O barrio de Ribadavia viviu unha importante revitalización grazas ao impulso e a implicación dos seus propios veciños co proxecto “Arte nas fiestras”. Esta iniciativa comunitaria transformou portas e fiestras tapiadas de edificios abandonados en auténticas obras de arte, enchendo as rúas de cor, memoria e vida. Alén da mellora estética, o proxecto conseguiu recuperar a identidade do barrio, fortalecer a convivencia veciñal e converter a zona nun pequeno museo ao aire libre que atrae tanto a veciños como a visitantes. “Arte nas fiestras” demostra como a cultura e a participación cidadá poden devolver a alma a un barrio histórico de Vigo.

Comezaremos o percorrido diante do mural do gato que está no interior do barrio (https://maps.app.goo.gl/7KRJRaNjiEHuDV5Z6). Ao longo do traxecto, descubriremos da man de Lourdes Pedrido, unha das veciñas impulsoras do proxecto, un novo Ribadavia. Cristina Pino e Gustavo Suasnabar, do colectivo Reciclado artístico e Troula Animación, sumaranse de seguido.

A duración aproximada do roteiro será dunha hora, polo que recomendamos levar calzado cómodo para gozar plenamente da experiencia.