rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Roteiro Arquitectura Racionalista

Roteiro Arquitectura Racionalista

Datas: 
23 outubro 2025
Horario: 
17.00

O vindeiro xoves 23 de outubro, ás 17:00, propoñémosvos un roteiro centrado na Arquitectura Racionalista en Vigo, guiado por Rosa Sainz: unha oportunidade única para coñecer máis de preto este estilo a través dalgúns dos exemplos máis destacados da nosa cidade.

Ao longo do traxecto, descubriremos este estilo arquitectónico e como se reflicte nos edificios que forman parte do noso patrimonio urbano, como o emblemático edifico de fronte ao coñecido como "a peineta". O percorrido rematará na Porta do Sol.

A duración aproximada do roteiro será de dúas horas e media, polo tanto recomendámosvos levar calzado cómodo para gozar plenamente da experiencia.

CONFIRMACIÓN E RESERVAS DE PRAZA:

O límite de prazas para o roteiro é de 25 persoas.

As persoas interesadas poderán inscribirse enviando un mail a recepcion@marcovigo.com a partir deste venres 17 de outubro ás 11.00, e as prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de chegada.

No momento da inscrición, informarémonos do lugar de saída deste roteiro.