
RECITAL POÉTICO QUE A FORZA NOS ACOMPAÑE II
Datas:
21 maio 2026
Lugar:
Salón de actos
Horario:
19.00
Prezo:
Taquilla inversa O xoves 21 de maio ás 19.00, no salón de actos, organizada pola AAM Agrupación Amiga do MARCO, terá lugar a 2ª edición dunha das propostas poéticas performáticas máis innovadoras da escena: “Que a forza nos acompañe (II)”.
Este recital contará coa participación de:
- Nila Álvarez Pousa. Poeta reivindicativa, feminista militante, a súa poesía é un manifesto a favor da muller e en contra da violencia de xénero.
- Silvia Penas. O seu traballo ten como punto de partida a creación de textos, cunha forte vocación de indagar na poesía escénica e outros formatos de poesía efémera, de incorporar a palabra poética ao corpo a través da voz. https://www.silviapenas.com/.
- Branca Trigo. Poeta e performer, é autora de varios libros e ten participado en diversas publicacións colectivas. Organizadora, xunto con otres autores, do micro aberto Cerimonia de gaivotas.
- Claudia G. Salgado. Deseñadora, poeta e performer. Ofrecerá un desfile de vestidos oníricos + poesía.
- Ana Corzo. Artista multidisciplinar, poeta, pintora, cantante e compositora, actriz e directora de teatro, coordinadora de recitais de poesía, estará acompañada do artista e músico David Dopazo ao piano. https://www.anacorzosanchez.com/
Para este espectáculo utilizaremos o método da taquilla inversa. Para quen non o coñeza, é tan sinxelo como pagar á saída a cantidade que cada quen considere e poida, agradecendo o espectáculo.