
Proxección documental CRISTINA GARCÍA RODERO. La mirada oculta
Actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO
Organiza: Biblioteca-Centro de Documentación MARCO
Posibilidade de reserva de praza para participantes Club de Lectura #BiblioMARCO e AAM Agrupación Amiga do MARCO (previa acreditación), ata o 13 de abril en centro.documentacion@marcovigo.com indicando nome e apelidos, ou no tel. 886 129426.
O martes 14 de abril, como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO, a Biblioteca-Centro de Documentación organiza a proxección do filme documental Cristina García Rodero. La mirada oculta, dirixido por Carlota Nelson.
A idea de programar esta proxección como actividade complementaria do Club de Lectura xurdiu a partir da elección da próxima lectura desta tempada –Ante el dolor de los demás, de Susan Sontag– e da posibilidade de adentrarnos no proceso creativo dunha das fotógrafas españolas máis sobresaíntes dos últimos tempos.
Documental Cristina García Rodero / Club Lectura #BiblioMARCO
Título orixinal: “Cristina García Rodero. La mirada oculta”
España –2023
VO español
Duración: 70 min.
Directora e guionista: Carlota Nelson
Produtor: José María Morales
Director de fotografía: Juan Antonio González Rebollo
Edición: Clara Martínez Malagelada
Música: Victoria de la Vega
Ferozmente independente, aclamada pola crítica e autodidacta, a fotógrafa española Cristina García Rodero deu testemuño, durante máis de medio século, dunha España insólita, pero as súas extensas reportaxes sen présa e dende dentro buscaron tamén outras culturas e realidades. Hoxe, esta artista de 73 anos continúa autofinanciando os seus proxectos a longo prazo e documentando como se celebra a vida, o amor, a beleza e a morte no mundo. Aquilo que move e conmove a alma, espírito e corpo humano.
Sinopse e ficha técnica:
https://www.wandafilms.com/site/sinopsis/cristina_garcia_rodero_la_mirada_oculta
Club de Lectura #BiblioMARCO
O Club #BiblioMARCO é unha actividade gratuíta, concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas nas artes en xeral. Os eixes argumentais das novelas están relacionados coa arte nas súas distintas manifestacións, e cada sesión está acompañada con material de apoio e catálogos que, máis alá da lectura en si, establecen relacións con obras e movementos artísticos, música e cinema, o que converte o club #BiblioMARCO nunha experiencia diferente que axuda a afondar nos contidos da creación contemporánea.
Biblioteca-Centro de Documentación
A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO, situada no 1º andar do Museo, é un servizo con entrada libre para todo tipo de públicos, que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea.
HORARIO: martes, mércores e xoves: de 11.00 a 14.15 e de 17.00 a 20.00 / Venres, de 11.00 a 14.15 (agás festivos)
Dispoñibilidade de cita previa para persoal investigador, fóra deste horario
Consultar posibilidades en: centro.documentacion@marcovigo.com