rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Proxección documental CRISTINA GARCÍA RODERO. La mirada oculta

Proxección documental CRISTINA GARCÍA RODERO. La mirada oculta

14 abril 2026

Actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO

Organiza: Biblioteca-Centro de Documentación MARCO
Martes 14 abril, ás 19.00
MARCO, salón de actos
Aberto ao público en xeral ata completar capacidade

Posibilidade de reserva de praza para participantes Club de Lectura #BiblioMARCO e AAM Agrupación Amiga do MARCO (previa acreditación), ata o 13 de abril en centro.documentacion@marcovigo.com indicando nome e apelidos, ou no tel. 886 129426.

O martes 14 de abril, como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO, a Biblioteca-Centro de Documentación organiza a proxección do filme documental Cristina García Rodero. La mirada oculta, dirixido por Carlota Nelson.

A idea de programar esta proxección como actividade complementaria do Club de Lectura xurdiu a partir da elección da próxima lectura desta tempada  –Ante el dolor de los demás, de Susan Sontag– e da posibilidade de adentrarnos no proceso creativo dunha das fotógrafas españolas máis sobresaíntes dos últimos tempos.

Documental Cristina García Rodero / Club Lectura #BiblioMARCO 

Título orixinal: “Cristina García Rodero. La mirada oculta”
España –2023
VO español
Duración: 70 min.
Directora e guionista: Carlota Nelson
Produtor: José María Morales
Director de fotografía: Juan Antonio González Rebollo
Edición: Clara Martínez Malagelada
Música: Victoria de la Vega

Ferozmente independente, aclamada pola crítica e autodidacta, a fotógrafa española Cristina García Rodero deu testemuño, durante máis de medio século, dunha España insólita, pero as súas extensas reportaxes sen présa e dende dentro buscaron tamén outras culturas e realidades. Hoxe, esta artista de 73 anos continúa autofinanciando os seus proxectos a longo prazo e documentando como se celebra a vida, o amor, a beleza e a morte no mundo. Aquilo que move e conmove a alma, espírito e corpo humano.

Sinopse e ficha técnica:

https://www.wandafilms.com/site/sinopsis/cristina_garcia_rodero_la_mirada_oculta 

Club de Lectura #BiblioMARCO

O Club #BiblioMARCO é unha actividade gratuíta, concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas nas artes en xeral. Os eixes argumentais das novelas están relacionados coa arte nas súas distintas manifestacións, e cada sesión está acompañada con material de apoio e catálogos que, máis alá da lectura en si, establecen relacións con obras e movementos artísticos, música e cinema, o que converte o club #BiblioMARCO nunha experiencia diferente que axuda a afondar nos contidos da creación contemporánea.

Biblioteca-Centro de Documentación

A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO, situada no 1º andar do Museo, é un servizo con entrada libre para todo tipo de públicos, que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea.

HORARIO: martes, mércores e xoves: de 11.00 a 14.15 e de 17.00 a 20.00 / Venres, de 11.00 a 14.15 (agás festivos)

Dispoñibilidade de cita previa para persoal investigador, fóra deste horario

Consultar posibilidades en: centro.documentacion@marcovigo.com