rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Proxección do filme UNICORN WARS

Proxección do filme UNICORN WARS

Datas: 
11 febreiro 2025
Horario: 
19.00
Lugar: 
Salón de actos
Prezo: 
Aberto ao público en xeral ata completar capacidade / Non recomendada para menores de 16 anos

Actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO
Organiza: Biblioteca-Centro de Documentación MARCO
Martes 11 febreiro, ás 19.00
MARCO, salón de actos
Non recomendada para menores de 16 anos

Posibilidade de reserva de praza para participantes Club de Lectura #BiblioMARCO, asistentes curso cine, e AAM Agrupación Amiga do MARCO (previa acreditación), ata o 4 de febreiro en centro.documentacion@marcovigo.com indicando nome e apelidos, ou no tel. 886 129426.

O martes 11 de febreiro, como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO, a Biblioteca-Centro de Documentación organiza a proxección de Unicorn Wars, dirixida por Alberto Vázquez. Premio Goya a Mellor Película Animación en 2022, a película narra a historia da ancestral guerra entre o exército osiño e os unicornios, nunha fantástica fábula antibélica que mediante a fantasía animada reflexiona sobre a orixe do mal.

A idea de programar esta proxección como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO xurdiu a partir da elección da próxima lectura desta tempada  –MAUS, de Art Spiegelman– e da posibilidade de establecer un diálogo sobre novela gráfica, cinema de animación, e o seu potencial expresivo.

Título orixinal: “Unicorn Wars”
España – Francia / 2022
VO galego
Duración: 92 min.
Trailer: https://www.unicornwarsthefilm.com/
Sinopse e ficha técnica: https://www.unicornwarsthefilm.com/

Club de Lectura #BiblioMARCO

O Club #BiblioMARCO é unha actividade gratuíta, concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas nas artes en xeral. Os eixes argumentais das novelas están relacionados coa arte nas súas distintas manifestacións, e cada sesión está acompañada con material de apoio e catálogos que, máis alá da lectura en si, establecen relacións con obras e movementos artísticos, música e cinema, o que converte o club #BiblioMARCO nunha experiencia diferente que axuda a afondar nos contidos da creación contemporánea.

Biblioteca-Centro de Documentación

A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO, situada no 1º andar do Museo, é un servizo con entrada libre para todo tipo de públicos, que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea. O fondo bibliográfico ascende a 8.256 publicacións que abranguen áreas como teoría da arte, filosofía, historia, pedagoxía, museología, movementos artísticos ou coleccións. O corpo principal da Biblioteca son monografías, catálogos de artistas e catálogos colectivos, ademais dunha hemeroteca de revistas especializadas.

HORARIO:

Martes, mércores e xoves: de 11.00 a 14.15 y de 17.00 a 20.00 / Venres, de 11.00 a 14.15 (agás festivos)
Dispoñibilidade de cita previa para persoaal investigador, fóra deste horario.
Consultar posibilidades en: centro.documentacion@marcovigo.com